DOCENTES Escanogramas
Página de inicio
Vídeos
Exhibición
Docentes
Outras aplicacións
   

OLAIA SENDÓN

Profesora de Imaxe Audiovisual e Imaxe Fotográfica no IES Imaxe e Son de A Coruña, Olaia Sendón incorporouse á docencia no ano 2001, exercendo primeiro nas Escolas de Arte de Ourense e Coruña ata incorporarse no 2003 ó centro no que actualmente imparte a súa docencia como profesora da especialidade Técnicas e Procedementos de Imaxe e Son. No ano 2002 impartiu un monográfico sobre guión nA Escola de Arte Pablo Picasso. No ano 2005 imparte o curso Forem “Introducción a la Composición y Narrativa Audiovisual”, donde se fixo cargo da área temática de Guión e Son. Actualmente forma parte dun grupo de traballo sobre edición dixital.

Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade Autónoma de Barcelona. No ano 2000 traballou como guionista para Via Láctea Films, formou parte do equipo de traballo da IX Fotobienal de Vigo e colabora co Centro de Estudos Fotográficos no libro Postais dun soño de Ruth Thorne Thompson e Belgraviade Karen Knorr, tamén durante ese ano Forma parte do equipo de traballo da exposición itinerante Identidades patrocinada por Caixa Galicia. No ano 2002 realiza o video Ramón Caamaño, fotógrafo muxían.

 

 

ELISA VECINO

Profesora de Montaxe, Sistemas Técnicos de Realización en Medios Técnicos de Imaxe no IES Imaxe e Son de A Coruña, Elisa Vecino incorporouse á docencia no ano 2000, exercendo primeiro nas Escolas de Arte de Ourense e Santiago ata incorporarse no 2001 ó centro no que actualmente imparte a súa docencia como profesora da especialidade Procesos e Medios de Comunicación.No ano 2003 recibiu o premio á Innovación Educativa, apartado de Materiais Multimedia, otorgado por el Ayuntamiento de A Coruña, á web www.emedoble.com, realizada no seo do Seminario Permanente para a Elaboraciónde Materiais Multimedia. Ese mesmo ano obtivo, en colaboración con Olga Osorio, un accésit nol I Concurso de Premios Siega (Sistemas de Información da Educación), na modalidade de desenvolvemento de materiais educativos curriculares, polo traballo Cidade da Cor.

Licenciada en Imaxe por la Universidade Complutense de Madrid, traballou de 1990 a 2000 en diversos medios de comunicación galegos. Entre outros, foi realizadora de Lugovisión e, cámara, axudante de realización e montadora na TVG.

 

OLGA OSORIO

Profesora de Imaxe Fotográfica e de Realización de Cine e Vídeo no IES Imaxe e Son de A Coruña, Olga Osorio incorporouse á docencia no ano 2000, tras aprobar as oposicións ó corpo de Ensino Secundario na especialidade de Procesos e Medios de Comunicación. Foi Xefa de Estudos e Coordinadora de Normalización Lingüística do centro. No ano 2003 recibiu o premio á Innovación Educativa, apartado de Materiais Multimedia, otorgado por el Ayuntamiento de A Coruña, á web www.emedoble.com, realizada no seo do Seminario Permanente para a Elaboraciónde Materiais Multimedia. Ese mesmo ano obtivo, en colaboración con Elisa Vecino, un accésit nol I Concurso de Premios Siega (Sistemas de Información da Educación), na modalidade de desenvolvemento de materiais educativos curriculares, polo traballo Cidade da Cor.

Dende hai tres anos compatibiliza a docencia no IES Imaxe e Son co seu traballo como profesora de Narrativa Audiovisual na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de A Coruña.

Licenciada en Periodismo por la Universidad Complutense de Madrid, traballou de 1994 a 2000 en diversos medios de comunicación galegos. Entre outros, foi xefa de Sociedade e Cultura, Peche e coordinadora de dominicais de El Ideal Gallego, guionista e presentadora en Telelugo e redactora de La Voz de Galicia, El Progreso, RNE (Lugo) y RadioLugo.

 
Olga Osorio - Elisa Vecino - Olaia Sendón ---- IES Imaxe e Son. A Coruña
Cerrar ventana