ESCANOGRAMAS
Página de inicio
  Escanogramas
Vídeos

Este proxecto docente parte dunha práctica de Imaxe Fotográfica, que foi medrando e incorporando non só outras facetas do mesmo módulo senón tamén outros que a viñeron a complementar, converténdoa no proxecto multidisciplinar qué é agora.

A PRÁCTICA ORIXINAL

A idea orixinal xurdía asociada a unidade didáctica das substancias fotosensibles e a súa relación coa luz. Para experimentar este feito os alumnos habían de comprobalo por si mesmos realizando uns fotogramas (pegadas de luz que deixan os obxectos sobre o papel fotográfico).

Comprender que hai certas sustancias que se transforman coa acción da luz é algo ben sinxelo, como o é tamén o feito de que canto máis luz lle de máis transformación se dará. Está é basicamente a explicación do efecto fotoquímico, unha das bases da tecnoloxía fotográfica. Non resulta complexa. A elaboración de fotogramasaportalle un matiz enriquecedor; como se dos precursores fotógrafos-químicos se tratase, os alumnos/as podían descubrir a partires dos prantexamentos que eles mesmos se impoñan, a acción da luz sobre os distintos materiais cos que experimenten, algodóns, telas, xabróns, maquillaxe.... Ademais do efecto fotoquímico esta práctica introducía dun xeito moi somero o concepto de exposición.

O FENÓMENO DIXITAL

Debido a importancia da fotografía dixital no mundo contemporáneo entendimos, dende o módulo, había que darlle á fotografía dixital a entidade que merecía. Procurouse introducir a fotografía numérica sempre co seu equivalente analóxico (serva de exemplo o par revelado en analóxico e curvas en Photoshop). Despois de cavilar moito chegamos á conclusión de que esta práctica (os fotogramas) tiña o seu trasunto no dixital a través das imaxes obtidas directamente a través do escáner (decidimos chamalos escanogramas).

Así como é moi doado atopar documentación sobre os fotogramas, non só de exercicios senón de referencias históricas que apoien a ensinanza os escanogramas supuñan un territorio virxe tanto por parte dos alumnos como pola nosa parte como profesores.

Esta actividade se fixo durante dous anos simultaneando o feito analóxico e dixital. A pesares que de primeiras o experimentar co escáner lles resultaba menos atractivo o traballo que realizaban nel eran infinitamente superior ao obtido no laboratorio. Ademais, vencidas esas primeiras reticencias, os alumnos demostraban un grande interés polo traballo co escáner pola facilidade de uso e a comodidade que lles supoñía o feito de poder continuar a tarefa na casa.

A outro nivel a potencia das imaxes levounos a pensar que era unha pena que ficasen coma unha actividade máis foi por isto polo que para este curso decidimos prolongar esta actividade e darlle a repercusión merecida.

Exhibición
      Docentes
Outras aplicacións
     

 
Rebeca Cabaleiro Barrio
Elena Carnoto Brey
Andy Peteiro
     
 
     
Jesús Prego
Lukas Pardo Naval
Leticia Canzobre
 
                     
Roberto Fernández Otero
Alicia Martínez Alba
Sabela Vázquez Gago
   
 
 
 
Pintxo
Lucía
 
       
 
Olga Osorio - Elisa Vecino - Olaia Sendón ---- IES Imaxe e Son. A Coruña
Cerrar ventana