|
|
||||||||
| EXHIBICIÓN | ||||||||
|
|
||||||||
|
|
||||||||
| VÍDEO DA EXPOSICION | ||||||||
| ENTREVISTA EN PUNTO RADIO | ||||||||
| REPORTAXE NA VOZ DE GALICIA | ||||||||
|
|
||||||||
|
|
||||||||
Na programación do módulo de imaxe fotográfica están previstos dous bloques. O primeiro, que denominamos a práctica fotográfica, ten como obxectivo principal que o alumno adquira o coñecemento dos procesos e controis que xeran e determinan a imaxe fotográfica (dentro do cal por suposto estaría incluída esta unidade didáctica das substancias fotosensibles). O segundo bloque trata de facer comprender o feito fotográfico dende o punto de vista da utilidade dentro das rutinas productivas. Esto, supón entender o concepto de proxecto fotográfico, que será abordado dende múltiples puntos de vista. Se antes falabamos de experimentar,neste bloque é máis importante interaccionar. Unha das bases sobre as que se asenta este bloque é intentar traballar para proxectos que posúan unha entidade real, encamiñados a un finconcreto. En caso de que se lograra conseguir un proxecto real, se traballaría igualmente como se o fin for auténtico. Neste segundo bloque contamos cunha unidade didáctica que denominada Fotografía e arte a través da cal se intentaque os alumnos comprendan as características específicas do mercado da arte, onde a fotografía se topa xa plenamente integrado. No que respecta aos contidos conceptuais, esta unidade intenta non ser unicamente un percorrido histórico, senón tamén unha descrición do mercado da arte. Ademais, se abordan aspecto relacionados como:
A actividade asociada a esta unidade didáctica era o comisariado dunha exposición. De acordo co exposto ata o de agora, nos parecía un paso natural o feito de que esa exposición estivese este ano adicada aos escanogramas, de tal xeito que o que pasaba a ser una práctica dunha Unidade Didáctica en completo se ía ampliando a novas unidades ata conseguir unha transversalidade modular. A elaboración de esta exposición pasaba polos seguintes aspectos:
Así pois, os alumnos deseñaron unha mostra (que ocupou durante un par de meses os pasillos do centro) na que se establecía un xogo moi curioso co espectador. Este tiña que adiviñar cal era a materia orixinalcoa que se elaborasen os escanogramas. A resposta se escondía nunhas cartelas situadas baixo o nome do autor de cada un dos escanogramas. Amostra foi bautizada como TIFF 2006. Unha vez proxectada a exposición vimonos na responsabilidade de facer que ese producto (de gran calidade ao noso xuizo) non quedase en unha mera práctica escolar.Para elo, e en consonancia co que propoñemos de insertarnos no mundo real e profesional, mobilizamos a prensa e desenvolvemos o que se convertiu no proxecto escanograma. Un dos seus principais obxectivos era convertir a exposición en itinerante, ademáis de facela chegar á maior cantidade de público posible. Os alumnos contactaron cos medios de comunicación de A Coruña enviando notas de prensa e asistindo a entrevistas radiofónicas. O resultado destos contactos cos medios, aínda en marcha na actualidade, engrosou un dossier de prensa que servirá aos alumnos non só como experiencia senón tamén, en moitos casos, como liña de curriculum. Como falabamos ao principio, o mundo contemporaneo é un mundo dixital e Internet unha ferramenta que os alumnos, dende casi calquer ámbito ao que pretendan dedicarse, teñen que ter en conta á hora de planear e desenvolver o seu traballo. No módulo de Imaxe Fotográfica está prevista tamén a creación, por parte dos alumnos, de galerías-web, portfolios digitales e blogs para a promoción e exhibición do seu traballo. Unha maneira de familiarizarse con estas ferramentas a aqueles que aínda non o están é precisamente introducíndoas na propia dinámica do curso. É esta a razón pola que a o longo de todo o curso as profesoras dos módulos de tarde manteñen un blog, www.porlatarde.blogspot.com, no que os alumnos atopaninformación relacionadas cos módulos de adultos e tamén poden deixar as súas impresións. Por suposto todo o relacionado coa práctica dos escanogramas recibiu ampla cobertura por este blog. |
||||||||
|
|
||||||||
| Olga Osorio - Elisa Vecino - Olaia Sendón ---- IES Imaxe e Son. A Coruña Cerrar ventana |
||||||||
|
|
|
|
||||||