Unidade Didáctica
  Página de inicio  
Escanogramas
    Vídeos
Exhibición
      Docentes
Outras aplicacións
 

Tiff 2006 é o título co que os alumnos acordaron designar o proxecto multimedia que ten coma base a elaboración duns escanogramas (imaxes obtidas directamente mediante o escáner).

Tratouse dun experimento que dende o minúsculo foi medrando de xeito tal que os que participábamos nel tiñamos que simplemente seguilo e deixarnos levar a ver ata onde podía chegar.

O resultado está á vista.
Só resta dicir que se hai que buscar
algo que o defina será a ilusión; a ilusión posta polos alumnos na creación e a difusión da súa obra pero tamén a nosa ilusión como docentes ao deixarnos sorprender pola capacidade de traballo e evolución que a xente ilusionada ten.

Olga Osorio - Elisa Vecino - Olaia Sendón ---- IES Imaxe e Son. A Coruña