O feito fotográfico é multidisciplinar e, por tanto, é abordado dende múltiples puntos de vista. Dende as prácticas nós sempre buscamos a interrelación entre as disciplinas. Esto xa nos tiña levado a que os diferentes módulos, do mesmo ciclo ou doutros distintos, coincidiran con actividades semellantes; sirva de exemplo unha representación da obra Los pintores también tienen recuerdos que fixemos o ano pasado entre os módulos de Realización en Multimedia, Iluminación de Espacios Escénicos e Audiovisuais e Representacións Escénicas. Este ano a nosa aposta foi polos escanogramas. A elaboración dun dossier para a exposición levounos a plantexarnos a posibilidade de incluír aos alumnos de Imaxe Audiovisual para que filmaran a exposición é que de tal forma houbese un documento sobre a mesma. Pero porqué limitalo a isto. Os outros alumnos do módulos de adultos (Realización de Cine e Vídeo e Montaxe) tamén podían participar.Fariamos unha sorte de catálogo virtual sobre o cal nos construímos este proxecto que presentamos e que o día de mañá podería de servir como carta de presentación ós alumnos. Deste xeito, os alumnos de Realización de Cine e V ídeo fixeron unhas propostas de presentación dos fotógrafos e das súas obras que logo foron gravadas polos de Imaxe Audiovisual e editadas polos de Montaxe. Estas pezas, de non máis de 20 segundos de duración, servirían de preámbulo para a obra dos rapaces. Nelas traotouse de traballar a imaxe e a montaxe coa música co fin de convertilas en atractivas por si mesmas. |