|
|
HIDRÓXENO CON NON METAL
¿Que son?Son combinacións do hidróxeno cos elementos do grupo do nitróxeno (grupo 15), co C e Si do grupo do carbono (grupo 14), e co B do grupo 13. Volver ó principio¿Como se nomean?Noméanse co seu nome tradicional anque tamén é correcto empregar a nomenclatura estequiométrica. Volver ó principioSe nos dan a fórmulaNa fórmula: Lemos o composto o revés, indicando cos prefixos o número de átomos de cada elemento que hai na fórmula. O hidróxeno noméase como hidruro. Volver ó principioSe nos dan o nomeNo nome: Tamén escribimos a fórmula ó revés traducindo os prefixos nos coeficientes estequiométricos da fórmula. Volver ó principioExemplosAs fórmulas máis sinxelas poden asociarse para dar compostos algo máis complexos
O metano segue as normas da nomenclatura orgánica. Volver ó principioExerciciosEn Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio. En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices, por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio. Volver ó principio |