|
|
HIDRÁCIDOS
¿Que son?Son combinacións do hidróxeno cos Calcóxenos (grupo 16) e os Halóxenos (grupo 17). O hidróxeno actúa con número de oxidación +1, e son os únicos compostos binarios de hidróxeno onde o hidróxeno se formula á esquerda. Volver ó principio¿Como se nomean?Noméase o non metal terminado en “-uro” seguido de “de” e a palabra “hidróxeno” NONMETAL-uro de hidróxeno Estes compostos denomínanse hidrácidos pola propiedade de que ó disolvelos en auga dan disolucións ácidas, é dicir, ceden hidróxeno con facilidade. Faise notar esta circunstancia co subíndice (aq) que indica disolución acuosa. Neste caso noméanse ca palabra "ácido" e o nome do non metal terminado en -hídrico. Ácido NONMETAL-hídrico Volver ó principioSe nos dan a fórmulaNa fórmula: Noméase o non metal terminado en “-uro”. Na fórmula: Se están en disolución acuosa noméase como "ácido" e o nome do non metal terminado en -hídrico. Volver ó principioSe nos dan o nomeNo nome: O número de hidróxenos coincide co número de oxidación do non metal. No nome: O número de hidróxenos coincide co número de oxidación do non metal. Volver ó principioExemplosDentro deste grupo tamén podemos formular o HCN que presenta un hidróxeno ácido unido ó grupo cianuro que contén un triple enlace. Noméase como cianuro de hidróxeno, pero en disolución será ácido cianhídrico.
Volver ó principioExerciciosEn Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio. En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices, por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio. Volver ó principio |