|
|
HIDRÓXIDOS
¿Que son?Son compostos ternarios que conteñen un elemento metálico e tantas agrupacións OH (hidróxido) como o número de oxidación que manifeste o metal. Con máis propiedade poderíanse definir como combinacións entre catións metálicos e anións OH-. Volver ó principio¿Como se nomean?Segundo a nomenclatura de Stock noméanse cas palabras “hidróxido de” seguido do nome do metal e entre paréntese o número de oxidación, en números romanos, no caso de que teña máis de un. Hidróxido de METAL(N) Volver ó principioSe nos dan a fórmulaNa fórmula: o número de oxidación do metal é igual ó número de ións OH-. Volver ó principioSe nos dan o nomeNo nome: O número de oxidación do metal se non é fixo nolo teñen que dar entre paréntese, logo a fórmula terá tantos OH como indica o número de oxidación do metal. Volver ó principioExemplos
Volver ó principioExerciciosEn Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio. En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices, por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio. Volver ó principio |