|
|
HIDRUROS METÁLICOS
¿Que son?Son combinacións do hidróxeno cos metais, nas que o H ten número de oxidación -1. Os hidruros dos grupos 1 e 2 teñen un carácter iónico máis acentuado que os dos grupos 13 e 14, que se caracterizan por posuír un carácter covalente importante. Pero a efectos de nomenclatura os nomearemos igual, agás o hidruro de boro que polo seu carácter non metálico o nomearemos dentro dos compostos de H + non metal. Volver ó principio¿Como se nomean?Noméanse cas palabras “hidruro de” e o nome do metal. O número de hidróxenos coincide co número de oxidación do metal. Hidruro de METAL Volver ó principioSe nos dan a fórmulaNa fórmula: Noméase coa palabra hidruro e o nome do metal. Volver ó principioSe nos dan o nomeNo nome: O número de hidróxenos coincide co número de oxidación do metal. Volver ó principioExemplos
Volver ó principioExerciciosEn Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio. En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices, por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio. Volver ó principio |