Principal
Introducción
Número oxidación
Mecánica
Tipos de substancias
Substancias simples
Óxidos de metais
Óxidos de non metais
Compostos M - NM
Compostos NM - NM
Hidruros
Hidrácidos
H máis non metal
Hidróxidos
Oxiácidos
Oxisales neutros
Oxisales ácidos
Exercicios
Táboa Periódica

MECÁNICA DO PROCESO DE FORMULACIÓN

     Nas fórmulas o elemento que se escribe á esquerda é o máis electropositivo (o que ten número de oxidación positivo), e á dereita escríbese o máis electronegativo (o que ten número de oxidación negativo). Estas posicións, en xeral, coinciden coa localización que teñen estes elementos na táboa periódica, os electropositivos á esquerda e os electronegativos á dereita.

    ¿Pero cantos átomos de cada elemento terá unha fórmula? 

    En todo composto químico neutro, o número de oxidación aportado pola parte electropositiva debe coincidir en valor absoluto co da parte electronegativa, é dicir, a carga total debe ser nula. Polo tanto debemos calcular cantos átomos de cada elemento debe haber para que o composto sexa electricamente neutro. 

    ¿Que compostos darán os hipotéticos átomos A e B con diferentes números de oxidación?

Atomo A Atomo B Atomos de cada para que o composto sexa neutro Fórmula Exemplo  
A+ B- (+1)+(-1)=0 AB Na+      Cl- NaCl
A+2 B- (+2)+2(-1)=0 AB2 Ca+2      Br- CaBr2
A+2 B-3 3(+2)+2(-3)=0 A3B2 Mg+2      N-3 Mg3N2
A+4 B-2 (+4)+2(-2)=0 AB2 Pb+4      O-2 PbO2
 

    Nos nomes noméase primeiro o elemento que escribimos á dereita na fórmula e despois o elemento que se escribe á esquerda.

    Se un elemento ten varios números de oxidación nolo van indicar no nome, na nomenclatura de Stock, como se verá logo, ou se usará a nomenclatura estequiométrica na que non se usan os números de oxidación. Pero si será necesario saber os números de oxidación dos elementos que teñen número de oxidación fixo, polo que debes dedicarlle un pouco de tempo á táboa de números de oxidación.