|
|
COMPOSTOS METAL CON NON METAL
¿Que son?Son combinacións entre un metal e un non metal, que non sexa nin o osíxeno nin o hidróxeno. Volver ó principio¿Como se nomean?Nomenclatura de Stock: Noméase o non metal rematado en “-uro” seguido de “de” e do nome do metal seguido inmediatamente do número de oxidación co que actúa entre paréntese e con números romanos, en caso de que poida actuar con máis de un. NONMETAL-uro de METAL(N) Volver ó principioSe nos dan a fórmulaNa fórmula: A partir do número de oxidación do non metal dedúcese o número de oxidación do metal. Estes números de oxidación están na táboa de números de oxidación na parte inferior dereita Volver ó principioSe nos dan o nomeNo nome: O número de oxidación do non metal o debemos saber, e o do metal se non é fixo nolo teñen que dar entre paréntese, logo queda calcular cantos átomos de cada fan neutro ó composto. Volver ó principioExemplos
Volver ó principioExerciciosEn Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio. En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices, por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio. Volver ó principio |