Principal
Introducción
Número oxidación
Mecánica
Tipos de substancias
Substancias simples
Óxidos de metais
Óxidos de non metais
Compostos M - NM
Compostos NM - NM
Hidruros
Hidrácidos
H máis non metal
Hidróxidos
Oxiácidos
Oxisales neutros
Oxisales ácidos
Exercicios
Táboa Periódica

COMPOSTOS NON METAL CON NON METAL

¿Que son?

¿Como se nomean?

Se nos dan a fórmula

Se nos dan o nome

Exemplos

Exercicios

¿Que son?

    Son combinacións de dous non metais, distintos do osíxeno e o hidróxeno.

Volver ó principio

¿Como se nomean?

    Nomenclatura estequiométrica: Noméase o non metal da dereita rematado en “-uro” cun prefixo que indique o número de átomos que interveñen, seguido do nome do outro non metal cun prefixo que indique o número de átomos que interveñen.

    Prefixo-NONMETAL-uro de prefixo-NONMETAL

    Para saber neste tipo de compostos que elemento vai á dereita e que elemento vai á esquerda séguense as posicións da seguinte lista:

B, Si, C, Sb, As, P, N, Te, Se, S, I, Br, Cl, O, F.

    Pero non te preocupes as fórmulas en xeral danse correctamente.

Volver ó principio

Se nos dan a fórmula

    Na fórmula: Lemos o composto ó revés, indicando cos prefixos o número de átomos de cada elemento que hai na fórmula.

Volver ó principio

Se nos dan o nome

    No nome: Tamén escribimos a fórmula ó revés traducindo os prefixos nos coeficientes estequiométricos da fórmula.

Volver ó principio

Exemplos

PCl3  Tricloruro de fósforo
BrF5  Pentafluoruro de bromo
As2Se3  Triseleniuro de diarsénico
Si3N4  Tetranitruro de trisilicio

Volver ó principio

Exercicios

En Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio.

En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices, por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio.

Fórmulas Nomes

Volver ó principio