Principal
Introducción
Número oxidación
Mecánica
Tipos de substancias
Substancias simples
Óxidos de metais
Óxidos de non metais
Compostos M - NM
Compostos NM - NM
Hidruros
Hidrácidos
H máis non metal
Hidróxidos
Oxiácidos
Oxisales neutros
Oxisales ácidos
Exercicios
Táboa Periódica

NÚMERO DE OXIDACIÓN.

Fórmulas químicas

Obxectivo da formulación

¿Por que se unen os átomos?

¿Como se consegue configuración de gas nobre?

¿Cantos átomos se combinarán nun composto?

¿Que é o número de oxidación?

Fórmulas químicas

     Para representar unha substancia química utilizamos as fórmulas químicas, que nos indican os átomos que a forman, así como o número ou proporción destes átomos en dita substancia.

    A fórmula da auga, H2O, infórmanos de que está formada de hidróxeno e osíxeno, e ademais que por cada átomo de osíxeno temos dous átomos de hidróxeno.

Volver ó principio

Obxectivo da formulación

    O obxectivo da formulación e nomenclatura química é que a partir do nome dun composto saibamos cal é a súa fórmula, e a partir da fórmula saibamos cal é o seu nome. En tempos esto non era tan doado, pero gracias ás normas da I.U.P.A.C. (Unión Internacional de Química Pura e Aplicada) a formulación resulta máis sinxela.

Volver ó principio

¿Por que se unen os átomos?

    Porque así conseguen máis estabilidade.

    Cando se estudian as configuracións electrónicas dos átomos vese que os electróns do nivel de valencia (a última capa) teñen unha importancia especial xa que son os que participan na formación dos enlaces e nas reaccións químicas. Tamén estudiaches que os gases nobres teñen grande estabilidade, e eso débese a que teñen os niveis electrónicos completos. Pois ben, ter os niveis electrónicos completos será a situación á que tendan a maioría dos átomos á hora de formar enlaces, ou o que é o mesmo á hora de formar compostos.

Volver ó principio

¿Como se consegue configuración de gas nobre?

    Os átomos poden conseguir configuración de gas nobre de tres formas: gañando, perdendo ou compartindo electróns con outros átomos.

    Nos elementos dos grupos representativos (alcalinos, alcalinoterreos, grupo do B, grupo do C, grupo do N, calcóxenos e halóxenos) o nivel de valencia complétase con oito electróns. Os átomos con poucos electróns de valencia (alcalinos , alcalinotérreos, etc.) tenderán a perdelos dando lugar a ións positivos (catións), formando cos non metais compostos iónicos. Os átomos con moitos electróns de valencia (halóxenos, calcóxenos, etc.) tenderán a gañalos dando lugar a ións negativos (anións), formando cos metais compostos iónicos, pero cos non metais compostos covalentes.

    Os átomos cun número intermedio de electróns (o máis característico é o grupo do carbono) tenderán a compartir electróns con outros átomos dando lugar a compostos covalentes.

Volver ó principio

¿Cantos átomos se combinarán nun composto?

    Os compostos son electricamente neutros, agás os ións cando os formulemos separadamente. É dicir, a carga que aporten todos os átomos dun composto ten que ser globalmente nula, debemos ter nun composto tantas cargas positivas como negativas.

    Pero para saber cal é a carga que aporta cada átomo imos empregar un concepto moi útil que se chama número de oxidación.

Volver ó principio

¿Que é o número de oxidación? 

    O número de oxidación é un número enteiro que representa o número de electróns que un átomo pon en xogo cando forma un composto determinado.

    O número de oxidación é positivo se o átomo perde electróns, ou os comparte cun átomo que teña tendencia a captalos. E será negativo cando a átomo gañe electróns, ou os comparta cun átomo que teña tendencia a cedelos.

    Nos ións monoatómicos a carga eléctrica coincide co número de oxidación. Cando nos refiramos ó número de oxidación o signo + ou - o escribiremos á esquerda do número, como nos números enteiros. Pola contra a carga dos ións débese escribir co signo á dereita do número: Ca2+, CO32-.

     ¿Será tan complicado saber cal é o número de oxidación que lle corresponde a cada átomo? Pois nada diso, basta con coñecer o número de oxidación dos elementos que teñen un único número de oxidación, que son poucos, e é moi fácil deducilo a partir das configuracións electrónicas. Estes números de oxidación aparecen na táboa seguinte. Os números de oxidación dos demais elementos os deduciremos das fórmulas ou nolos indicarán no nome do composto, así de fácil.

Táboa nº oxidación

Volver ó principio