|
|
OXIÁCIDOS
¿Que son?Chámanse oxiácidos ou oxoácidos, e obedecen a unha fórmula xeral: HaXbOC na que X é normalmente un non metal, pero as veces tamén pode ser un metal de transición que se atopa nun número de oxidación elevado, como Cr+6, Mn+6 ou Mn+7. Volver ó principio¿Como se nomean?Este é o único tipo de compostos no que permanece a nomenclatura tradicional. A IUPAC propón unha nova nomenclatura (que se explica máis abaixo), que aínda está pouco estendida dado que costa bastante deshabituarse de dicir, por exemplo ácido sulfúrico, que é un composto de uso frecuente, a dicir tetraoxosulfato(VI) de hidróxeno, como propón a IUPAC. Ela mesma admite como válida a nomenclatura tradicional neste tipo de compostos. Nomenclatura tradicional. Para aprender a formular este tipo de compostos hai que coñecer os números de oxidación cos que os non metais poden actuar. Estes son os seguintes
Se nos dan a fórmula do ácido temos que deducir o número de oxidación do elemento central X (+n), será igual ó dobre de osíxenos que teña menos os hidróxenos. Se do elemento central temos varios átomos o resultado o dividimos por ese número. Cando un elemento presenta máis dun número de oxidación posible empréganse uns prefixos e uns sufixos concretos. Como o número máis elevado de posibles números de oxidación para un elemento (nos casos que imos estudiar) é catro referirémonos a estes casos. Para o número de oxidación MÁIS BAIXO anteponse ó nome do elemento central o prefixo HIPO- (do grego hypo, inferior) e detrás do nome o sufixo -OSO. Para o número de oxidación BAIXO engádese ó nome do elemento central o sufixo -OSO. Para o número de oxidación ALTO engádese ó nome do elemento central o sufixo -ICO. Para o número de oxidación MÁIS ALTO engádese o prefixo PER- (do grego hyper, superior) e o sufixo -ICO.
Outros prefixos que debemos coñecer son os prefixos meta- e orto- : Dalgúns ácidos se coñecen dúas formas, que se diferencian no número de hidróxenos e osíxenos, de xeito que parecen diferenciarse nun determinado número de moléculas de auga H2O. Por exemplo, temos dous ácidos periódicos: o HIO4 e o H5IO6, este é como se tivera 2 moléculas de auga máis que o primeiro. O prefixo meta- se utiliza para indicar o ácido que ten menor contido en auga e o prefixo orto- se utiliza para indicar o ácido que ten maior contido en auga. HIO4 é o ácido metaperiódico e H5IO6 é o ácido ortoperiódico. Volver ó principioSe nos dan a fórmulaNa fórmula: Deducimos o número de oxidación do elemento central, como vimos é o dobre dos osíxenos menos os hidróxenos, e segundo sexa (máis alto, alto, baixo, ou máis baixo) poñemos a terminación que corresponda (per- -ico, -ico, -oso, ou hipo- -oso). Volver ó principioSe nos dan o nomeNo nome: A partir dos prefixos e sufixos deducimos o número de oxidación do elemento central. O hidróxeno ten número de oxidación +1 e o osíxeno -2. Buscamos logo uns coeficientes que fagan que a carga aportada polos osíxenos sexa igual e de signo contrario á aportada polos hidróxenos e o elemento central. Volver ó principioExemplosExemplos dos oxiácidos máis comúns por grupos: HALÓXENOS: números de oxidación: +1, +3, +5, +7. Dan oxiácidos o Cl, Br, I pero non o F.
O oxiácido correspondente ó número de oxidación +3 para o iodo (I) non ten existencia real e tampouco se coñece ningún derivado seu. CALCÓXENOS: números de oxidación: +4, +6. Estudiaremos os oxiácidos do S, Se, Te.
NITROXENOIDEOS: números de oxidación: +3, +5. Estudiaremos os oxiácidos do N, P, As.
Hai que lembrar que os oxiácidos de P e As son distintos ós de N xa que o número de H que levan é 3. Estes ácidos con dous hidróxenos máis, denomínanse ácidos orto-, anque non é moi utilizado dito prefixo, pois os ácidos meta non se coñecen.
CARBONO E SILICIO: número de oxidación: +4.
CROMO E MANGANESO: Non só forman ácidos os non metais senón tamén moitos dos metais de transición, por exemplo o Cr e Mn.
Volver ó principioNomenclatura sistemática da IUPACNesta nomenclatura xa non son necesarios os prefixos orto- e meta- nin o sufixo -oso. Para nomear os ácidos indicaremos o número de oxidación do elemento central e o número de osíxenos cos prefixos: di-, tri-, tetra-, etc. O número de hidróxenos queda así fixado, será igual ó dobre dos osíxenos menos o número de oxidación do elemento central. Prefixo-oxo-ELEMENTO CENTRAL-ato(Nº Ox.) de hidróxeno
Volver ó principioExerciciosEn Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio. En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices, por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio. Volver ó principio |