Principal
Introducción
Número oxidación
Mecánica
Tipos de substancias
Substancias simples
Óxidos de metais
Óxidos de non metais
Compostos M - NM
Compostos NM - NM
Hidruros
Hidrácidos
H máis non metal
Hidróxidos
Oxiácidos
Oxisales neutros
Oxisales ácidos
Exercicios
Táboa Periódica

ÓXIDOS DE NON METAIS

¿Que son?

¿Como se nomean?

Se nos dan a fórmula

Se nos dan o nome

Exemplos

Exercicios

¿Que son?

    Son combinacións dun non metal con osíxeno, nas que o osíxeno emprega o número de oxidación -2.

Volver ó principio

¿Como se nomean?

    Para a súa nomenclatura empregaremos preferentemente a:

    Nomenclatura estequiométrica: consiste en antepor á palabra “óxido” un prefixo que nos indique o número de osíxenos seguida de “de” e o nome do non metal cun prefixo que nos indique o número de átomos dese non metal.

    Os prefixos son: mono-, di-, tri-, tetra-, penta-, hexa-, hepta-, etc.

    Prefixo-óxido de prefixo-NONMETAL

    O prefixo mono- só se emprega antes que “óxido” e cando os coeficientes estequiométricos sexan 1:1.

Volver ó principio

Se nos dan a fórmula

    Na fórmula: Lemos o composto ó revés, indicando cos prefixos o número de átomos de cada elemento que hai na fórmula.

Volver ó principio

Se nos dan o nome

    No nome: Tamén escribimos a fórmula ó revés traducindo os prefixos nos coeficientes estequiométricos da fórmula.

    A IUPAC tamén acepta a nomenclatura de Stock para estes óxidos, anque é preferible empregar a nomenclatura estequiométrica sempre que haxa só átomos non metálicos e a de Stock cando haxa metais e non metais. 

Volver ó principio

Exemplos

N2O  Óxido de dinitróxeno
NO  Monóxido de nitróxeno
N2O3  Trióxido de dinitróxeno
CO  Monóxido de carbono
CO2  Dióxido de carbono

Volver ó principio

Exercicios

En Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio.

En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices, por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio.

Fórmulas Nomes 

Volver ó principio