Principal
Introducción
Número oxidación
Mecánica
Tipos de substancias
Substancias simples
Óxidos de metais
Óxidos de non metais
Compostos M - NM
Compostos NM - NM
Hidruros
Hidrácidos
H máis non metal
Hidróxidos
Oxiácidos
Oxisales neutros
Oxisales ácidos
Exercicios
Táboa Periódica

ÓXIDOS DE METAIS

¿Que son?

¿Como se nomean?

Se nos dan a fórmula

Se nos dan o nome

Exemplos

Exercicios

¿Que son?

    Son combinacións dun metal con osíxeno, nas que o osíxeno ten número de oxidación -2.

Volver ó principio

¿Como se nomean?

    Para a súa nomenclatura emprégase preferentemente a:

    Nomenclatura de Stock: Noméanse cas palabras “óxido de” e o nome do metal seguido inmediatamente do número de oxidación co que actúa entre paréntese e con números romanos. Se o número de oxidación do metal é fixo non cómpre especificalo.

  Óxido de METAL(N)

    A IUPAC tamén acepta a nomenclatura estequiométrica para estes óxidos, anque é preferible empregar a nomenclatura de Stock sempre que haxa átomos metálicos e a estequiométrica cando os átomos sexan todos non metais. 

Volver ó principio

Se nos dan a fórmula

    Na fórmula: o osíxeno ten número de oxidación -2, e o número de oxidación do metal o podemos deducir sabendo que o composto é neutro. Se é sempre o mesmo o debemos coñecer e non fai falla deducilo.

Volver ó principio

Se nos dan o nome

    No nome: fixarémonos no número de oxidación do metal, que está entre paréntese, se non se indica é que o temos que saber, lembra a táboa de números de oxidación. Como o número de oxidación do osíxeno é -2 só temos que calcular cantos átomos de cada precisamos para que o composto sexa neutro.

Volver ó principio

Exemplos

Na2O  Óxido de sodio
FeO  Óxido de ferro(II)
Fe2O3  Óxido de ferro(III)
CrO3  Óxido de cromo(VI)
CaO  Óxido de calcio

Volver ó principio

Exercicios

En Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio.

En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices, por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio..

Fórmulas Nomes

Volver ó principio