|
|
OXISALES ÁCIDOS
¿Que son?Os oxiácidos con máis dun hidróxeno non os ceden todos con igual facilidade. Fórmanse ións que aínda conteñen átomos de H. Estes ións pódense combinar con catións dando lugar ós sales ácidos. Volver ó principio¿Como se nomean?Noméanse igual que os sales neutros engadindo os prefixos hidróxeno- ou dihidróxeno- diante do nome do sal neutro correspondente. Volver ó principioSe nos dan a fórmulaNa fórmula: NaHCO3 a) Disociamos o sal nos seus ións A partir da carga do catión (ión positivo) deducimos a carga do anión (ión negativo). b) Deducimos o número de oxidación do átomo central, sabendo que o osíxeno ten número de oxidación -2 e o hidróxeno +1. c) Lembrar os números de oxidación con que poden actuar os elementos centrais, e asignar prefixos e sufixos. Séguese a nomenclatura de Stock, polo tanto se o metal pode ter outros números de oxidación indícase entre paréntese o que ten no composto. Volver ó principioSe nos dan o nomeNo nome: Hidroxenosulfito de sodio a) Indicar cal é o catión. De ter varios posibles números de oxidación nolo teñen que indicar pola nomenclatura de Stock. E deducir polos prefixos e sufixos o número de oxidación do elemento central que participa no anión: b) Formular o oxiácido de S+4 c) Deducir o anión a partir do ácido. O anión queda con tantas cargas negativas como hidróxenos perde o ácido. Escribir o composto de xeito que sexa electricamente neutro, colocando uns coeficientes estequiométricos que nos indiquen cantos catións e anións participan na fórmula. Volver ó principioExemplos
Volver ó principioNomenclatura sistemática da IUPACO anión, ou ión negativo, noméase como nos ácidos, precedido de hidróxeno- ou de dihidróxeno-. Os prefixos bis, tris, tetrakis, pentakis, hexakis, etc. nos indican a repetición do anión poliatómico. A carga do anión é o dobre dos osíxenos menos a suma do número de oxidación do elemento central e os hidróxenos.
Volver ó principioExerciciosEn Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio. En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices, por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio. Volver ó principio |