Principal
Introducción
Número oxidación
Mecánica
Tipos de substancias
Substancias simples
Óxidos de metais
Óxidos de non metais
Compostos M - NM
Compostos NM - NM
Hidruros
Hidrácidos
H máis non metal
Hidróxidos
Oxiácidos
Oxisales neutros
Oxisales ácidos
Exercicios
Táboa Periódica

OXISALES NEUTROS

¿Que son?

¿Como se nomean?

Se nos dan a fórmula

Se nos dan o nome

Exemplos

Nomenclatura sistemática da IUPAC

Exercicios

¿Que son?

    Son os derivados de substituír tódolos hidróxenos dos oxiácidos por catións metálicos como o Na+, ou non metálicos como o NH4+ (amonio). Cando se substitúen tódolos hidróxenos fórmanse os sales neutros e cando só se substitúe algún dos hidróxenos os sales ácidos.

Volver ó principio

¿Como se nomean?

Nomenclatura tradicional.

     Para a súa formulación séguense as mesmas regras que para os ácidos dos que proveñen pero cambiando as terminacións e mantendo os prefixos. Para os números de oxidación baixos a terminación -OSO cambia pola de -ITO, e para os números de oxidación altos a terminación -ICO cambia pola de -ATO.

Número de oxidación Ácido Anión

Máis alto

Alto

Baixo

Máis baixo

per-      -ico

            -ico

            -oso

hipo-    -oso

per-      -ato

            -ato

            -ito

hipo-    -ito

Volver ó principio

Se nos dan a fórmula

    Na fórmula:   Na2SO4

a) Disociamos o sal nos seus ións

A partir da carga do catión (ión positivo) deducimos a carga do anión (ión negativo).

b) Deducimos o número de oxidación do átomo central, sabendo que o osíxeno ten número de oxidación -2.

c) Lembrar os números de oxidación con que poden actuar os elementos centrais, e asignar prefixos e sufixos.

Séguese a nomenclatura de Stock, polo tanto se o metal pode ter outros números de oxidación indícase entre paréntese o que ten no composto.

Volver ó principio

Se nos dan o nome

    No nome: Nitrato de calcio

a) Indicar cal é o catión. De ter varios posibles números de oxidación nolo teñen que indicar pola nomenclatura de Stock. E deducir polos prefixos e sufixos o número de oxidación do elemento central que participa no anión:

b) Formular o oxiácido de N+5

c) Deducir o anión a partir do ácido, quítanse os hidróxenos e póñense tantas cargas negativas como hidróxenos ten o ácido. Escribir o composto de xeito que sexa electricamente neutro, colocando uns coeficientes estequiométricos que nos indiquen cantos catións e anións participan na fórmula.

Volver ó principio

Exemplos

  Catión Anión Fórmula
 Bromato de calcio Ca2+ BrO3- Ca(BrO3)2
 Hipoclorito de sodio Na+ ClO- NaClO
 Sulfato de aluminio Al3+ SO42- Al2(SO4)3
 Fosfato de magnesio Mg2+ PO43- Mg3(PO4)2
 Nitrato de ferro(III) Fe3+ NO3- Fe(NO3)3

Volver ó principio

Nomenclatura sistemática da IUPAC

    O anión, ou ión negativo, noméase como nos ácidos. Os prefixos bis, tris, tetrakis, pentakis, hexakis, etc. nos indican a repetición do anión poliatómico.

    A carga do anión é o dobre dos osíxenos menos o número de oxidación do elemento central.

  Catión Anión Fórmula
 Bis[trioxobromato(V)] de calcio Ca2+ BrO3- Ca(BrO3)2
 Oxoclorato(I) de sodio Na+ ClO- NaClO
 Tris[tetraoxosulfato(VI)] de aluminio Al3+ SO42- Al2(SO4)3
 Bis[tetraoxofosfato(V)] de magnesio Mg2+ PO43- Mg3(PO4)2
 Tris[trioxonitrato(V)] de ferro(III) Fe3+ NO3- Fe(NO3)3

Volver ó principio

Exercicios

En Fórmulas tes un exercicio para escribir os nomes destas substancias e comprobar os resultados. Tamén tes a solución do exercicio.

En Nomes tes un exercicio para escribir as fórmulas destas substancias e comprobar os resultados. As fórmulas as tes que introducir sen subíndices, por exemplo auga = H2O. Tamén tes a solución do exercicio.

Fórmulas Fórmulas IUPAC Nomes Nomes IUPAC

Volver ó principio