|
Alimentos |
|
A agricultura si ocupaba un lugar importante na economía do poboado. Podemos falar da importancia da agricultura polos restos atopados: os muíños naviformes e circulares, fouces, coitelos... Tamén hai construccións que seguramente se empregaban como almacéns para algún tipo de gran. Son as construccións de tipo ovalado e cuadrangular que se observan no xacemento. |
|
Muíño circular. Museo do Tegra |
|
A existencia das terrazas fóra da muralla podería indicar o seu laboreo como hortas.
Pénsese que as terras aluviais planas aptas para o cultivo atópanse ó pé
do monte, a distancias superiores ó km en
liña horizontal. Para salvar a distancia o tempo do percorrido incrementase
notablemente dadas as fortes pendentes que hai que
salvar (Vázquez Varela 1983). Carlos Rodríguez López indica que se necesitaría alomenos unha hora para percorrer este
traxecto. Os cultivos específicos de orixe vexetal non os podemos coñecer xa que non hai análises polínicas nin carbonolóxicas. |
|
A estampa do castrexo feroz perseguindo un xabarín pode ser mui idílica, pero ¿ata que punto era a caza unha actividade esencial neste poboado? A presión demográfica provocada pola existencia de numerosas castros na zona, permite concluír que a actividade cinexética non constitúe un elemento fundamental na dieta alimenticia; antes ben, semella un complemento proteico esporádico. Nunha palabra, para alimentar tantas bocas necesitaban un aporte de alimento constante e seguro. Unha última reflexión: cunha mañá de marisqueo solucionábanse os desaxustes dietéticos durante algúns días, sen ningún tipo de risco. Polo tanto a caza de especies coma o cervo ou o xabarín sería unha actividade máis lúdica que necesaria. |
|
Se podemos considerar ó poboado de Sta Tegra como con restos "tipo" da cultura dos castros na meirande parte das actividades alí desenvolvidas, non podemos dicir o mesmo en relación á caza, á pesca e ó marisqueo Son actividades con moito maior peso específico que a caza. Os restos de anzois, as poutadas ou pesas de rede, os abundantes restos de peixes e moluscos atopados nos diferentes cuncheiros do castro permítenos apoiar a tese inicial. Os restos de ictiofauna permiten constatar a presencia de maragota, robaliza, faneca ou abadexo, especies que poderían ter sido capturadas na costa inmediata ó poboado con técnicas sinxelas como as liñas de anzois ou os palangres. A saída ó mar aberto era menos habitual, dadas as limitacións das súas embarcacións. Analizando estes así como o volume que estes teñen aínda hoxe en día, adiviñamos que estes traballos eran moi frecuentes. Se a pesca semellaba ser unha doada fonte de alimentos, máis sinxelo era o marisqueo nas rochas e en zonas intermareais onde o risco é mínimo. É lícito pensar que a cultura romana perfeccionaría e impulsaría os métodos de pesca e marisqueo coa mellora nas artes, detección de especies ou mesmo técnicas de navegación. O emprazamento costeiro-fluvial e a convivencia entre as dúas culturas reforzan esta afirmación. O marisqueo é a actividade extractiva por excelencia. Ó longo dos catro grandes cuncheiros existentes no poboado atopamos unha cantidade importante de moluscos e crustáceos que nos permiten obviar a importancia vital da malacofauna na alimentación do castro. Dende Ignacio Calvo a Vázquez Varela, pasando por Mergelina ou o propio Tamuxe, foi moita a atención prestada a estes vertedoiros de cunchas. O restos analizados nos cuncheiros da porta norte, da porta sur, da casa forestal e o do Niño de Peto Real, permítenos a análise dos seguintes datos: tódalas especies puideron ser capturadas no tramo de costa inmediata ó poboado da cal tiñan un coñecemento máis que notable. Isto tradúcese nunha selección de recursos baseada na captura de determinadas especies en áreas concretas. As especies máis comúns segundo da información dos cuncheiros son variedades de lapa, mexilón e percebe. |
Restos de cunchas. Museo do Tegra |
|
Alimentación - Bibliografía - Os celtas - Comercio - Cultura castrexa - Contexto portugués - Cultos - Guía didáctica - Ligazóns - Localización - Museo - Nós - Ornamentos - Poboado - Sociedade - Urbanismo - Vivendas |