|
Visita didáctica ó poboado e museo do Tegra |
| Plano | Marxes da estrada | Casa forestal e cuncheiro | Picos Facho e San Francico | Outros puntos de interese | Fichas traballo |
|
O obxectivo deste itinerario é o de ofrecer unha visión global do poboado e do seu entorno. Pensamos que este percorrido pode servir de complemento ós contidos da páxina e facer máis doada e amena a visita. No plano que vai a continuación facemos unha suxerencia do que pode ser un percorrido polo poboado estando calculada a duración do mesmo para unhas dúas ou tres horas. No plano aparecen iconos de plantas de construccións castrexas, cabana reconstruida, petroglifos. |
|
Percorrido: seguir o camiño de ronda e as pasaxes principais sinalados no plano do xacemento Calvo I. (Duración aproximada: 40 minutos). |
|
|
Percorrido polo poboado, marxe dereita da estrada |
Podemos observar as peculariedades do urbanismo castrexo, . Frente ó modelo hipodámico, regular, . A adaptación ó terreo ó clima (o poboado desenvólvese fundamentalmente pola vertente leste ó abrigo dos temporais do Atlántico) e ás necesidades defensivas que impuña un tipo cultura na que a guerra e sobre todo a pillaxe tiñan que ser algo relativamente frecuente.
|
Podemos observar as peculiaridades do urbanismo castrexo, oposto ó modelo hipodinámico, regular que posteriormente introducirán os romanosa: a adaptación ó terreo das construccións mediante os "aterrazamentos", o sistema defensivo representado pola porta Norte, corpo de garda e a muralla; a tipoloxía das plantas, a separación entre vivendas, os agrupamentos de construccións formando os denominados "barrios", os sistemas de drenaxe das augas pluviais (canaletas), os sistemas para almacenamento da auga escavados no chan (alxibes) e o sistema vial: lousados, escaleiras, pasaxes principais que enlazan os diferentes sectores do poboado e outros secundarios entre as vivendas. |
|
Fixarémonos nas características arquitectónicas da vivenda castrexa: os elementos da vivenda castrexa, os bancos interiores, vestíbulos, fornos, fogares ou "lareiras", as construccións auxiliares: cortellos, silos, os materiais de construcción empregados nos muros e teitos.e na posible funcionalidade de cada tipo de planta (vivenda, cortellos, almacén). Resaltar a semellanza con outras construccións que aínda perviven como as "pallozas" nos materiais, técnicas constructivas, similitude con algunha das plantas de tipo ovoidal. |
|
|
|
|
Percorrido polo poboado, marxe esquerda da estrada |
|
Fixarémonos na extensión do poboado pola vertente leste, e de xeito especial nos petroglifos.
|
|
(Percorrido: Seguindo a pista que parte da explanda da Casa Forestal e bordea o monte pola súa vertente leste.Duración da visita:25 minutos). Fixarémonos nas características do emprazamento, na extensión do poboado e no cuncheiro. |
|
Durante este percorrido ata o "cuncheiro" é importante destacar a colonización do espacio pola vexetación exótica, eucaliptos, acacias e os efectos tan negativos que esta ten na conservación das estructuras arquitectónicas
Pódese, igualmente, establecer unha comparación co modelo de explotación tradicional do medio costeiro nas poboacións costeiras entre A Guarda e Baiona, veriamos que aínda en moitas zonas próximas ó mar a xente acode ocasionalmente a recoller minchas, lamparóns, ourizos, mexilóns, percebes e peixes para completar a súa dieta é ainda que hoxe é unha actividade residual é lóxico pensar que nas épocas de fame puido ter unha gran importancia na supervivencia destas poboacións.
|
|
(Percorrido: pódese seguir polo Vía Crucis ata a base do Facho e comezar a ascensión . É interesante ollar o contorno e , por suposto, tomar un respiro. De novo na estrada podemos subir cara a explanada do museo subindo polas grandes escalinatas que nos levan directamente á Ermida e ó museo. Deterémonos para visitar ó museo, o entorno da ermida de Santa Tegra. Duración aproximada 1 hora) |
|
O propio topónimo de O Facho parece gardar certa relación coas señais que dende o mesmo se poderían facer a outros castros, especialmente os do interior. Curiosamente o contacto visual co Tegra é posible dende outro monte situado río arriba; o Pico de San Xulián do Monte Aloia en Tui. Este monte ten no seu cumio os restos dunha fortificación de orixen e cronoloxía aínda moi discutidos e que mesmo tamén ten ós seus pés outro castro importante, o do Alto dos Cubos. Esta relación visual repítese coa maioría dos castros ubicados ó longo da costa de Baiona e das ribeiras do Miño. Dende o Pico San Francisco tamén se poden contemplar os lugares susceptibles dunha explotación dos seus recursos polos habitantes do castro: costa, río, bosque, e fértiles veigas do río Miño.
|
|
|
|
Sinalar o papel que na divulgación deste patrimonio xogaron persoas como Xoan Martínez do Tamuxe ou Asociación Naturalista de Baixo Miño Anabam. Esta última conta cunha guía do Monte Tegra recentemente editada e organiza de forma desinteresada visitas guiadas o xacemento e a aqueles puntos que merecen unha especial interese. |
| Especialmente pensadas para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria que visitan o poboado e o Museo do Tegra, poñemos a disposición dos interesados unhas fichas de traballo que permiten profundizar nos aspectos aspectos máis salientables da cultura castrexa. |
|
Alimentación - Bibliografía - Os celtas - Comercio - Cultura castrexa - Contexto portugués - Cultos - Guía didáctica - Ligazóns - Localización - Museo - Nós - Ornamentos - Poboado - Sociedade - Urbanismo - Vivendas |