| Organización social |
Diferencia-la sociedade castrexa é tarefa difícil á
vista das diferentes interpretacións que se dan dos datos proporcionados polas fontes,
que ó seren escasas e parciais, facilitan as interpretacións contradictorias e en todo
caso sempre sometidas á revisión a medida que van aparecendo novos datos. A primeira unidade suprafamiliar, a que da nome a esta cultura, sería o castro ou castellum. As teorías sobre a división social dentro do castro apuntan en dúas direccións contrarias: as que defenden a existencia dunha sociedade fundamentalmente igualitaria e as que falan da existencia dunhas elites guerreiras diferenciadas do resto da poboación. En todo caso parece que as desigualdades sociais non serían demasiado acusadas. Agrupando varios castros estaría o populus, entidade político-administrativa que foi mantida por Roma na Gallaecia. Estes populus son de difícil definición, e do papel político desempeñado por estas unidades nada se sabe, tal vez os notables dos diferentes castros formaban unha asemblea con poder decisorio. O que si parece claro é que os castros gozaban dunha grande autonomía. |
|
Alimentación - Bibliografía - Os celtas - Comercio - Cultura castrexa - Contexto portugués - Cultos - Guía didáctica - Ligazóns - Localización - Museo - Nós - Ornamentos - Poboado - Sociedade - Urbanismo - Vivendas |