COIDAMOS O COLE, COIDAMOS O MUNDO

Unha proposta de interacción co Medio no CEIP O Piñeiriño

Coidamos o cole, coidamos o mundo

¿Que comen os vermes de seda?¿de onde sae o papel?¿Por que os plásticos contaminan?

¿Para que sirven as árbores?

¿Como nacen os periquiños?

¡Uf! Un montón de preguntas... ¿verdade? E moitas mais que podemos facernos. No noso cole, cada día, podes atopa-las respostas.

Por exemplo, o ano pasado había unhas caixas de cristal cuns puntiños negros... De súpeto, un día, os puntiños empezaron a moverse.

Para que creceran había que darlle de comer só follas de moreira, moitas, moitas follas.

Creceron e creceron, ata que se encerraron nuns noveliños coma estes. Chámanse crisálidas e deles sairán as bolboretas da seda.

Non sei se che darei contado o que vexo tódolos días. Mira, cando entro no cole, polas mañáns, xa vexo ás árbores, o céspede,... todo coidadiño e limpo.

Por todo o patio temos árbores e plantas diferentes. Para que sepamos os nomes, cada árbore ten o seu letreiro.

Ó principio parecíame raro, porque había tres nomes en cada letreiro, pero xa mo contaron: un é o nome en galego, outro en castelán e outro o nome científico.

¿O nome científico? Pois resulta que tanto as plantas como os animais, teñen dous nomes: o nome común polo que os coñecemos todos e o nome científico que se fai con dúas palabras en latín que é unha lingua moi antiga que falaban os romanos.

Para que esté todo limpiño temos que axudar e colaborar. Polo patio, hai papeleiras e contenedores por todas partes.

Ademais, cada semana unha clase sae a facer unha limpeza a fondo.

Todos sabemos onde tira-lo lixo...

...pero sempre hai algún despistado que se lle “cae” o papel da merenda e claro...

E no outono hai mais traballo, porque a algunhas árbores, cáenlle tódalas follas e o chan queda todo cuberto, así que recollemos algunhas.

Xa o dí a palabra: son árbores de folla caduca, folla que cae...

Aproveitámolas, ¡eh! Temos un recanto, á veira da horta escolar, cun letreiro que pon COMPOST. Botámolas aí.

¡Anda! Pensei que o sabías. O compost é como un abono, que se fai cos restos das follas e coa herba que sobra. Nós utilizámolo no horto.

Esto de recoller follas cansa, ¡eh! Pero é a hora do recreo, vou correndo xogar á pista... ¡vaia!, hoxe non nos toca. Pois entón imos mira-la granxa.

Normalmente temos rulas, periquiños, galiñas sedosas,... anque de vez en cando pode haber novos inquilinos, como esta fermosa pomba, está ferida, así que está aquí de “repouso”.

Entre todos tentamos coidalos. Damoslle de comer e falamoslle.

Ás veces, os profes deixánnos velas dende mooooi preto. Son preciosas!!!

Si lle tocas, tes que facelo con moooito coidadiño, parece que non lles gusta demasiado.

“As aves teñen o corpo cuberto de plumas. As plumas das ás xeralmente son as mais longas” eso dixo a miña profe e como xa as toquei non me vou olvidar na vida...

Tampouco me olvido de que as aves nacen de ovos. As mamás poñen os ovos e despois, entre as mamás e os papás, teñen que darlle moita calor para que saian os pitiños.

Como na granxa, no inverno, fai moito frío pois trouxeron axuda: unha incubadora.

¡É unha pasada!...os maiores meten alí ovos de diferentes aves e apuntan os días. Mais ou menos sabemos cando van saír pitiños.

Non digades nada, pero as veces dicimos que imos ó baño e... bueno, a verdade é que quedamos como parvos mirando como nacen..¡Uf! levan un traballo.

Xa sei porque mamá me di que parezo un pito cando me mollo. Os pitiños nacen todos mollados, cas plumiñas pegadas ó corpo. Ó pouco tempo xa andan o correr como si nada.

Despois de nacer, están 24 horas na incubadora e logo pasan a vivir ós “adosados”.

Alí xa teñen auga e comida. A comida, o penso, varía segundo a idade que teñan os pitiños, como nos pasa a nós.

Claro que hai que coidalos. Ademais, todos axudamos: cambiarlle a auga, limparlle o chan...

Cando crecen, van vivir a unhas gaiolas que hai en cada pasillo, son os nosos veciños de clase...

Estes son pitos de paspallás anano.

Os amarelos e suaves son pitos de galiñas sedosas da China. ¿A que son bonitos?

Non hai que olvidarse de coidalos, dependen de nós.

Os profes colocaron unha exposición sobre AVES na entrada do cole.

E outra de OVOS de cores e tamaños diferentes. Despois de todo esto, eu xa sabía mogollón...

Xa ves, ós animais hai que darlles de comer, coidalos, darlle auga... o mesmiño que ás plantas e ás árbores.

Á veira da granxa temos unha lagoa, pequena, pero que esconde moitas sorpresas...

¡Unha flor que flota! ¡Na miña vida! Seica se chama nenúfar.

A lagoa está chea de vida: rás, zapateiros, cágados, peixes e outros bichiños tan pequenos que non podo velos.

Arredor da lagoa hai plantas aromáticas e medicinais: santolina, lavanda, melisa,...

O romeu que é bó para cando temos tos.

¡Puaf! A ruda cheira fatal, pero é a comida doutra bolboreta que tamén coidamos: a papilio machaon.

Agora están empezando a formarse as crisálidas. Vai ser un “flipe” cando saian as bolboretas, voando por todo o cole.

Encántanme as bolboretas de moitas cores. Ademáis a miña profe dixo que axudaban a leva-lo polen das flores dun lado para outro.

Os vermes de macaón teñen un montón de veciñas: as tartarugas. Coidámolas tanto que crecen e crecen...

Claro, crecen porque lle damos moi ben de comer e mais vitaminas. Creo que este ano van necesitar outra casa.

Non só hai plantas e árbores fora. Dentro do cole hai plantas por todas partes...

...nas escaleiras, nas clases, nos pasillos,...

Cada planta ten o seu letreira, igualiño que as árbores, co nome en galego, en castelán e en latín. Síiii, eso, o nome científico.

Nun descansiño das escaleiras hai un xardín de cactos, talmente parece un deserto en miniatura. Tamén hai que regalos, aínda que pouquiño.

Algúns cactus teñen pinchos. ¡Ten coidado! Outros non, hai de todo.

Tamén nos levan de excursión ¡eh! E que a natureza é unha cousa taaaan grande...

Cando chega a primavera, a natureza toda parece que desperta: nacen flores, paxariños,...

Por eso celebramos os maios, no mes de maio, claro.

¡Ah! Outra cousa moi importante: reciclar. Esto quere dicir mais ou menos que antes de tirar algo, penses si a podes utilizar para outra cousa.

Seguro que nin imaxinabas que podes facer xoguetes chulísimos con restos de cousas.

Uns bolos con botellas de leite, ¿a que molan?

¿E pescar peixes de corcho blanco?

Preparados, listos, xa! A ver quen gaña...

E se eres moi mañoso podes fabricar este "troncomóbil".

Xa vou canso de contarche tantas cousas,pero sempre hai novidades. Mira, mira... a casa de David, o nomo, atopámola debaixo do abeto plateado.

Como todos temos moitas ganas de colaborar e axudar para coida-lo cole, derónnos un CARNET DE ECOLOXISTA.

¿Tí tamén queres ser un bó ecoloxista? Pois veña, apunta o que tes que facer:

1.- “COLABORAR CA RECICLAXE DE PAPEL, VIDRO, PLÁSTICO, PILAS,...”.

2.- “BOTA-LO LIXO NAS PAPELEIRAS E CONTENEDORES”.

3.- “COIDAR E RESPECTAR-LOS SERES VIVOS”.

4.- “NON MALGASTA-LA AUGA”.

5.- “NON MALGASTA-LO PAPEL”.

6.- “COLABORAR NO AFORRO DE ENERXÍA”.

7.- “NON CONTAMINAR CON RUIDOS”.

8.- “ E SEMPRE ESTAR DISPOSTO A COLABORAR PARA MELLORA-LO NOSO PLANETA”.

Xa sabedes, tódalas mans son necesarias. Lembra: moitos poucos, fan un moito.