“Qué pesados coas unidades!” deben de pensar moitos alumnos e alumnas cando insistimos en que as indiquen correctamente. Pero é que non é para menos. Aquí vai un exemplo das consecuencias que pode ter non indicar correctamente as unidades de medida:
En setembro de 1999 a sonda espacial Mars Climate, enviada pola NASA para manterse na órbita de Marte e estudiar o seu clima, estrelouse contra a súa superficie e quedou completamente estragada. Segundo fontes da NASA, o desastre debeuse a un erro nas unidades dos datos que se subministraron ao ordenador de abordo.
Resulta que na construcción participaron empresas diferentes, e utilizáronse distintos sistemas de unidades para o deseño e construcción da sonda espacial e para a programación dos sistemas de navegación. No primeiro caso os datos viñan expresados no sistema inglés de unidades (pés, millas, libras, …) mentres que no segundo caso utilizouse o Sistema Internacional de Unidades (metros, kilogramos, …)
Os datos e cálculos que fixo a empresa encargada do deseño da sonda espacial (sistema inglés) foron enviados á empresa encargada de programar os sistemas de navegación (que utiliza o sistema internacional), pero ¡grave erro!, os datos enviáronse sen especificar as unidades de medida utilizadas, e a segunda empresa interpretounos como se estiveran expresados no S.I.. O resultado foi que os ordenadores da nave realizaron uns cálculos erróneos e situaron a nave nunha órbita equivocada, o que provocou o desastre.
Fonte: El rincón de la ciencia
7 September, 2007 | categoría: Metroloxía, Xeral | Non hai comentarios »