Nos arquivos adxuntos podedes atopar materiais dos relatores e fotos das Xornadas celebradas os días 13 e 14 de maio, no MUPEGA.
Non vai saír ningunha convocatoria nova de seccións bilingües: a Orde de 18 de abril de 2007 (ver lexislación de referencia) regula o funcionamento e os prazos. Segundo a mesma, o prazo para solicitar seccións remata o 31 de maio.
INSTRUCIÓNS:
O día 6 de xuño terán lugar na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (en San Caetano, Santiago de Compostela) as reunións informativas coas empresas sobre o desenvolvemento da fase B no Reino Unido e Francia. Esta semana os grupos de inglés recibiredes por e-mail toda a información sobre os centros.
Reunión cos grupos de Reino Unido: Salón 1 de Presidencia, ás 18:00 horas.
Reunión cos grupos de Francia: Sala de Xuntas B da Consellería de Educación, ás 18:00 horas.
As datas definitivas da fase B en Burdeos son do 6 de xullo ao 26 de xullo de 2008. A Alianza Francesa xa vos está enviando por correo-e toda a información. Por favor enviade toda a documentación a Julie Rasse. En breve vanse enviar os billetes electrónicos ás vosas contas .edu.
A empresa que se vai encargar da fase B no Reino Unido é SHE-HERENCIA (http://cursos.she.es/). A partir de hoxe mesmo teredes información puntual da fase B no Reino Unido na nosa web e información directa nos vosos correos electrónicos (cómpre que teñades a conta .edu operativa) tanto da devandita empresa como dos centros aos que ides ir no Reino Unido. Hai algunhas variacións con respecto á información inicial, tanto de lugares como de datas.
Está aberta a inscrición para o congreso paneuropeo sobre ensino CLIL:
CLIL Fusion
Multilingual Mindsets in a Multicultural World
Building quality learning communities
As XVII Xornadas Hispano-Lusas organizadas pola Embaixada de Portugal este curso celebraranse en Évora os días 28,29 e 30 de maio. Estas Xornadas están dirixidas ao profesorado portugués participante no Programa de Lingua e Cultura Portuguesa. O profesorado que queira expor algunha experiencia, deberá comunicalo a través do correo electrónico ao asesor de referencia. Adxuntos aparecen os modelos de fichas de inscrición que deberán ser remitidas por e-mail a xsanisidro@edu.xunta.es
Os próximos días 30 e 31 de maio terán lugar no Palacio de Congresos de Santiago as Xornadas "Novos Vieiros no Ensino das Linguas Estranxeiras", dirixidas a profesorado de linguas estranxeiras de calquera nivel. Os e as interesados/as poden inscribirse a través de www.edu.xunta.es/fprof , localizando a actividade por Linguas Estranxeiras no ámbito/CFR dos Servizos Centrais da Consellería. Nos arquivos adxuntos atópanse o cartel de presentación da actividade e o programa da mesma.
ORDE ECI/930/2008, de 26 de marzo, pola que se convocan axudas destinadas a alumnos/as de 6º de Educación Primaria para o desenvolvemento dun programa de inmersión lingüística durante o outono de 2008.
No marco das actuacións que está a desenvolver a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para o fomento do plurilingüismo e dentro do convenio PALE, co Ministerio de Educación e Ciencia, para o apoio ao ensino e aprendizaxe de linguas estranxeiras, contémplase a dotación de auxiliares de conversa a máis de 150 centros educativos da nosa comunidade.