No arquivo adxunto atópase a publicación en formato e-book do libro CLIL: Integrando linguas "a través" do currículo. O libro en formato papel será enviado a todos os centros. Nesta publicación:
* séntanse as bases metodolóxicas do ensino CLIL, propio das seccións bilingües;
* preséntanse propostas didácticas para as distintas etapas;
*e analízase o funcionamento das seccións bilingües mediante un estudo de resultados.
Blogue creada pola profesora Maribel Iglesias para a materia Ciencias Sociais (xeografía) de 3º da ESO. Materiais CLIL para traballar co alumnado:
http://xeobilingueasorey.blogspot.com
As VII Xornadas Nacionais de Seccións Bilingües celebraranse este ano en Santander os días 14, 15 e 16 de outubro.
Nos arquivos adxuntos atópanse a resolución provisional de seccións bilingües de educación primaria, secundaria e formación profesional ao abeiro da Orde do 18 de abril de 2007 pola que se crea e regula a convocatoria do Plan de seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario.
Nas listaxes aparecen os centros autorizados con novas seccións, os centros que cumpren os requisitos pero aos que lles falta o correspondente informe de inspección educativa e os centros non autorizados.
As seccións autorizadas en cursos anteriores non aparecen nestas listaxes.
Enviouse un correo electrónico a todos os centros participantes no Plan de Seccións Bilingües durante o curso 2008-2009 cunha ligazón aos formularios electrónicos das memorias: un para primaria e outro para secundaria e FP. O devandito plan foi regulado pola orde do 18 de abril de 2007, e, tal como se indica no seu artigo 9º, punto 1, os centros “enviarán unha memoria avaliativa do proxecto”. Esta memoria é obrigatoria para a avaliación do funcionamento do Plan e para que o profesorado participante reciba a certificación correspondente.
Información para os centros que están a utilizar EDUCAINGLÉS e EDUCAFRANCÉS: debido ás modificacións e novidades incluídas en ambos os portais, cómpre que os devanditos centros coñezan a información que se atopa no arquivo adxunto.
Os centros interesados en solicitar a súa participación no plan de seccións bilingües, deberán seguir o procedemento ao abeiro da normativa vixente: a Orde do 18 de abril de 2007: http://www.edu.xunta.es/contidos/rede_linguas/files/ORDE_BILINGUES.pdf
A avaliación diagnóstica de resultados acadados por alumnado CLIL de 4º de ESO, parte do estudo nacional que se publicará a nivel europeo CLIL in Spain: Implementation, Results and Teacher Training terá lugar os días 11 e 12 de maio nos seguintes centros:
Actividades preparadas para a avaliación dunha unidade de electricidade para 3º de ESO. Realizadas con Flash. Marcos Vázquez Rozas, IES Francisco Asorey, Cambados
Actividade interactiva para a unidade de electricidade de 3º de ESO de Tecnoloxía, en inglés.