TICS NO ENSINO

tic1.jpg

INICIO
Pizarra dixital de baixo custo
escrito por Jes煤s Garc铆a   

Últimamente aparecen varios proxectos para conseguir emular o comportamento das pizarras dixitais con compoñentes de baixo custo, principalmente a partir de webcams e similares.

Unha das propostas que mais atención ten acadado é a do profesor americano Johny Chung Lee (Wii remote Projects) que creou un interface para control do ordenador a base dos populares mandos de control da consola de xogos Nintendo Wii, aproveitando a cámara de infravermellos que contén.

Os compañeiros do CEIP de Palmeira puxeronse mán a obra e xa o están a probar. Parece que funciona. Puxeron a disposición de todos unha páxina web onde descreben con detalle os pasos seguidos.

Grazas a todos eles por compartir o coñecemento con todos nos.

 
As webs p煤blicas deber谩n ser accesibles
escrito por Administrator   

Ven de publicarse o Real Decreto 1494/2007 do 12 de Novembro (BOE  21 de novembro) polo que se aproba o reglamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servicios relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

En definitiva se fixan os requisitos de accesibilidade e os prazos de adaptación para as webs da administración e organismos dependentes. Este regulamento afecta tamén as webs de centros sostidos con fondos públicos e os contidos nelas albergados.

Ligazón ao decreto no BOE


NOTA: Para unha primeira aproximación sobre a accesibilidade das vosas páxinas podedes usar o validador en liña T.A.W (Test de accesibilidade Web) no que introducindo a URL da vosa páxina e o nivel de accesibilidade desexado, vos informará de posibles deficiencias.

Acceso a TAW en liña

 

 
Xornada sobre o plan TIC nos centros educativos
escrito por Administrator   

O pasado día 24 de novembro tivo lugar en Santiago unha xornada de formación para os dinamizadores TIC dos centros educativos galegos. Os obxectivos desta xornada eran:

  1. Divulgar experiencias educativas relacionadas coa posta en marcha do plan TIC nos centros educativos
  2. Formar persoas responsables da coordinación dos plans TIC nos centros educativos.
  3. Dar a coñecer recursos a disposición da comunidade educativa a través da rede.

PROGRAMA DA XORNADA

POÑENCIAS

Poñemos á súa disposición un resumo das poñencias presentadas

 

 

ENQUISAS

驴Pensa vostede que a Web do centro educativo 茅 importante?
 
驴Qu茅 actuaci贸n pensa que merece a m谩xima prioridade para conseguir un uso mais efectivo das TIC nas
 

USUARIOS

© 2008 REDE DE CENTROS TIC
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.