|
Comparativa de software para encerado dixital |
|
escrito por Administrator
|
|
Este artigo presenta de xeito resumido unha comparativa entre os programas que acompañan os dous encerados dixitais interactivos (EDIs) mais estendidos en Galica a día de hoxe: Smart ( que incorpora o software Notebook) e Promethean (que ven dotado co programa Activstudio). Pode ser de grande interese para os docentes interesados en crear os seus propios recursos para EDI. Lembrámosvos que a convocatoria de este ano dos Premios a recursos educativos para a Sociedade da Información contempla materiais deseñados para encerado electrónico. Ligazón ao artigo |
|
|
Pizarra dixital de baixo custo |
|
escrito por Jesús García
|
|
Últimamente aparecen varios proxectos para conseguir emular o comportamento das pizarras dixitais con compoñentes de baixo custo, principalmente a partir de webcams e similares. Unha das propostas que mais atención ten acadado é a do profesor americano Johny Chung Lee (Wii remote Projects) que creou un interface para control do ordenador a base dos populares mandos de control da consola de xogos Nintendo Wii, aproveitando a cámara de infravermellos que contén. Os compañeiros do CEIP de Palmeira puxeronse mán a obra e xa o están a probar. Parece que funciona. Puxeron a disposición de todos unha páxina web onde descreben con detalle os pasos seguidos. Grazas a todos eles por compartir o coñecemento con todos nos. |
|
|
As webs públicas deberán ser accesibles |
|
escrito por Administrator
|
|
Ven de publicarse o Real Decreto 1494/2007 do 12 de Novembro (BOE 21 de novembro) polo que se aproba o reglamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servicios relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social. En definitiva se fixan os requisitos de accesibilidade e os prazos de adaptación para as webs da administración e organismos dependentes. Este regulamento afecta tamén as webs de centros sostidos con fondos públicos e os contidos nelas albergados. Ligazón ao decreto no BOE
NOTA: Para unha primeira aproximación sobre a accesibilidade das vosas páxinas podedes usar o validador en liña T.A.W (Test de accesibilidade Web) no que introducindo a URL da vosa páxina e o nivel de accesibilidade desexado, vos informará de posibles deficiencias. Acceso a TAW en liña |
|
|
|