| MATERIAIS DIDÁCTICOS |
Nesta páxina poderás atopar materiais específicos divididos en seccións: traballo de aula, webquests, vídeos e películas, xogos, artigos e documentos, bibliografía. Preme co rato sobre o nome e terás unha ligazón directa. |
| |
 |
BOAS PRÁCTICAS DE CONVIVENCIA. PREMIOS 2006. Esta publicación recolle as experiencias premiadas no concurso nacional de boas prácticas de convivencia do ano 2006. |
|
 |
MALTRATO ENTRE IGUAIS. Material do profesorado. Campaña de sensibilización sobre o maltrato entre iguais, Xunta de Galicia. A finalidade última que se persegue é a de sensiblizar a todo o colectivo sobre a importancia dos comportamentos ligados ao maltrato entre iguais e sobre os custos emocionais e persoais que ten para as persoas implicadas nel. |
|
 |
MALTRATO ENTRE IGUAIS. Material das familias. Campaña de sensibilización sobre o maltrato entre iguais, Xunta de Galicia. A finalidade última que se persegue é a de sensibilizar a todo o colectivo sobre a importancia dos comportamentos ligados ao maltrato entre iguais e sobre os custos emocionais e persoais que ten para as persoas implicadas nel. |
|
 |
NON FAGAS TRATO CO MALTRATO. Material do alumnado. Campaña de sensibilización sobre o maltrato entre iguais, Xunta de Galicia. A finalidade última que se persegue é a de sensibilizar a todo o colectivo sobre a importancia dos comportamentos ligados ao maltrato entre iguais e sobre os custos emocionais e persoais que ten para as persoas implicadas nel. |
|
 |
CADERNO PARA A FORMACIÓN DE MEDIADORES E MEDIADORAS. Publicación do Instituto de Educación Secundaria “Carlos Casares”, de Viana do Bolo (Ourense). O caderno mostra un método para a resolución de conflitos, a mediación, que consiste na intervención dunha terceira parte allea e imparcial ao conflito que facilita que as partes en litixio cheguen por si mesmas a un acordo por medio do diálogo. (pdf para descargar de 800 Kb) |
|
 |
A IGUALDADE COMO SOLUCIÓN. Unidade didáctica destinada á prevención da violencia contra as mulleres. O profesorado polo escoller aquelas actividades que máis se axeiten a idade do alumnado e ao tempo de que dispoña para levalas acabo. (pdf para descargar de 6,42 Mb) |
 |
GUÍAS DIDÁCTICAS DO SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ. Na segunda parte da guía didáctica nº23 EDUCAR NOS AFECTOS, FREAR A VIOLENCIA, pódense atopar actividades e dinámicas de aula para todas as idades. Descarga en formato PDF. |
|
 |
DINÁMICAS DE GRUPOS . Móstranse 10 dinámicas de grupo para traballar na aula co obxectivo de prevIr condutas e actitudes violentas no grupo de alumnos e alumnas. |
|
 |
TENEMOS UN PROBLEMA. Dinámica de grupos na aula para tratar a resolución de conflitos. Preséntanse unha serie de datos referidos a un problema e o traballo consiste en estudar todos os seus aspectos e chegar ás conclusións que se piden. |
|
 |
LA PIEDRA DE ARMI. Proposta didáctica para traballar o conflito no 2º ciclo de educación infantil. A través dun conto trabállase a educación para a paz e a coeducación. Material en formato PDF (0,40 Kb). |
|
 |
TRATÉMONOS BIEN. Guía para alumnos e alumnas de primaria en formato PDF (230 Kb). Pódelo imprimir e obterás un libro tamaño cuartilla de 11 páxinas en que se fala do maltrato na escolar, dos dereitos das persoas, das responsabilidades e do que pasa cando non se asumen. |
|
 |
Y TU, ¿QUÉ PUEDES HACER?Guía para alumnos de secundaria en formato PDF (530Kb). Pódelo imprimir e obterás un libro tamaño cuartilla de 11 páxinas en que se fala do maltrato entre iguais, dos dereitos das persoas, das responsabilidades e do que pasa cando estas non se asumen. |
|
 |
ESCOGE TU SOLUCIÓN. Ante unha situación de bullying na escola deberás elixir ser alumnado, profesorado ou familia e participar na problemática que se propón. |
|
 |
CONVENCIÓN SOBRE LOS DERECHOS DEL NIÑO. É un tratado das Nacións Unidas e a primeira lei internacional sobre os dereitos do neno e da nena. Versión adaptada para mozos. |
|
 |
PROGRAMA KIT TEATRAL. A fundación de autor da SGAE pon en marcha o programa Kit Teatral, co que pretende achegarlles aos estudantes de secundaria problemas sociais relacionados coa adolescencia a través do teatro. A iniciativa comeza coa obra Postdata. O libreto, a escenografía e a música serán entregados a todos os centros que o soliciten para a súa interpretación. |
 |
MALTRATO ENTRE ALUMNOS. BULLYING. Webquest para alumnado de secundaria e de bacharelato. Consiste en presentarlle ao alumnado un problema que nos afecta a todos en maior ou menor medida, o maltrato entre iguais, bullying. Trátase de que os alumnos exploren o fenómeno, recoñezan as situacións de maltrato incipientes e elaboren respostas de intervención adecuadas ao seu centro.
|
|
 |
VIVE... Y DEJA VIVIR Webquest sobre o acoso escolar para educación secundaria. A tarefa vai consistir en elaborar un documento coa información recollida.
|
|
 |
UN VIAJE A FAVOR DE LA TOLERANCIA Y EL RESPETO HACIA OTRAS CULTURAS Webquest sobre tolerancia e respecto.O mellor para aceptar outras culturas é coñecelas, con esta actividade axudarásevos a coñecer outros pobos, as súas tradicións, como viven, a súa historia... |
|
 |
INTERCULTURALIDAD. Webquest sobre interculturalidade para primaria. A tarefa vai consistir en realizar un documental sobre as relacións entre culturas. |
|
 |
CONOZCAMOS LA CULTURA DE NUESTRO AMIGO OMAR Webquest para 2º de educación primaria para as materias de Educación para a Paz e a Convivencia e Coñecemento do Medio. A tarefa vai consistir en facer actividades para axudar a Omar a integrarse na clase. |
|
 |
NICO. Curtametraxe do IES Porto do Son que aborda o tema do acoso escolar. Recibiu o primeiro premio de Innovación Educativa, modalidade A, no ano 2006. |
|

|
LA PAZ A TRAVÉS DE LOS MEDIOS AUDIOVISUALES. Selección de 13 películas que obedecen a un criterio xeral sobre os medios utilizados na resolución de conflitos. Os materiais de traballo inclúen unha ficha técnica e unha guía didáctica con propostas de actividades e un cuestionario como traballo para o alumnado. |
|
 |
VIDEOTECA. O Seminario Galego de Educación para a Paz pon ao dispor do centro educativo (ou profesorado) que o solicite unha completa videoteca en que cada vídeo ou DVD vai acompañado da súa correspondente unidade didáctica. O obxectivo é traballar na aula valores cívicos e democráticos, a convivencia, os conflitos e a súa resolución pacífica, os dereitos humanos... usando como recurso didáctico o cine. |
|
 |
SHOWPACE. Ligazón ao programa de convivencia e mediación escolar, sobre resolución de conflitos, do portal de Cataluña. Poderás atopar unha serie de ShowPace, vídeos animados producidos polo National Film Board de Canadá. As historias propoñen unha serie de situacións orientadas a potenciar as habilidades sociais na resolución de conflitos e potenciar a figura do mediador. |
|
 |
CORTOMETRAJES DE CONVIVENCIA PARA SECUNDARIA Acceso a 4 curtametraxes de convivencia para secundaria ofrecidos polo Observatorio para la Convivencia Escolar do Instituto Valenciano de Evaluación y Calidad Educatica. Cando accedas á páxina deberás seguir a ruta: PREVI – Recursos e materiais – Guía prof. secundaria – Curtametraxes. |
|
 |
CONÓCELOS ANTES DE JUZGARLOS.Web da campaña “Tus prejuicios son las voces de otros”, da Fundación do Secretariado Xitano. Videoclip El alma no tiene color. Anuncios publicitarios. |

|
EL JUEGO DE LOS DERECHOS HUMANOS. Cruz Vermella. O xogo consiste nunha viaxe arredor da Terra para reflexionar sobre a Declaración dos Dereitos Humanos. Actividades interactivas para coñecer, dunha maneira divertida, contidos sobre os dereitos e liberdades que teñen todas as persoas.. |
|
 |
JUEGOS PARA LA COOPERACIÒN Y LA PAZ Recompilación de xogos que permiten desenvolver actitudes e valores relacionados coa educación para a paz. Destinados a nenos e nenas de todas as idades. Unha das seccións está dedicada a xogos de resolución de conflitos. Cada un deles preséntase cos obxectivos que persegue e unha explicación sobre o desenvolvemento do xogo. |
|
 |
EL JUEGO LIMPIO EN EL DEPORTE Y EN LA ACTIVIDAD FÍSICA. Campaña programación que pretende fomentar os valores de amizade e compañeirismo a través do deporte. Nesta unidade didáctica atopamos actividades de educación física para alumnado da ESO. |
 |
INFORMACIÓN, ARTIGOS E MATERIAL DIVERSO SOBRE CONFLITIVIDADE E CONVIVENCIA ESCOLAR. Nesta sección da páxina do Seminario Galego de Educación para a Paz, podemos atopar distintos artigos sobre conflitividade e convivencia escolar. |
|
 |
EDUCACIÒN E SOCIEDADE. Artigo de Manuel Dios Diz, preside o Seminario Galego de Educación para a Paz (Fundación Cultura de Paz). |
|
- IES AS TELLEIRAS. Catálogo de películas para a paz, enviado polo IES “As Telleiras” de Narón.
- CEIP DE BARALLA. Bibliografía sobre emigración e inmigración, proporcionada polo CEIP “Baralla” de Lugo.
- CEIP FERMÍN BOUZA BREY. Bibliografía para educación primaria sobre inteculturalidade, remitida polo CEIP “Fermín Bouza Brey” de Ponteareas.
- CEIP PEPE DE XAN BAÑA. Bibliografía para educación primaria sobre convivencia, facilitada polo CEIP “Pepe de Xan Baña” de Traba-Castriz, Santa Comba.
- IES SANCHEZ CANTÓN. “Sabores de cine”, catálogo de películas relacionadas co cine e coa comida, remitido polo IES “Sánchez Cantón” de Pontevedra.
- CEIP VISTA ALEGRE. Bibliografía para educación primaria sobre interculturalidade, valores, dereitos. Facilitada polo CEIP “Vista Alegre” de Burela.
- MOVILIZACIÓN EDUCATIVA, ÍNDICE BIBLIOGRÁFICO. Páxina de movilizacioneducativa.net. Índice bibliográfico coa referencia e amplo comentario de libros relacionados coa convivencia.Bibliografía para educación primaria sobre convivencia, remitida polo CEIP “Wenceslao Fernández Flórez” da Coruña.
VOLVER |
|