logo Plan de Convivencia  

line decor
  
line decor
 
 
 
 

 
 
OBSERVATORIO DA CONVIVENCIA ESCOLAR DE GALICIA

 

DECRETO DO OBSERVATORIO GALEGO DA CONVIVENCIA

Decreto 85/2007, do 12 de abril, polo que se crea e regula o Observatorio Galego da Convivencia Escolar. (DOG do martes 8 de maio) Documento en pdf ( 44 KB)

Instrucións sobre a constitución do Observatortio da Convivencia nos centros educativos e para a elaboración doPlan de Convivencia Documento en pdf ( 386 KB)

 

QUE É

Unha iniciativa institucional de grande transcendencia pola que se crea este órgano colexiado de carácter consultivo e de apoio a toda comunidade educativa no que se refire á convivencia escolar. Adscrito á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, estrutúrase en tres niveis: autonómico, provincial e de centro educativo.

 
QUEN O FORMA
  • 23  integrantes  representativos dos diferentes sectores implicados (consellerías, Alta Inspección, Federación Galega de Municipios e Provincias, Xunta Autonómica de Directores/as de Centros Educativos, patronal dos centros privados concertados, asociacións de alumando, asociacións de pais e de nais, centrais sindicais, expertos/as...)
  • Funcionará en pleno e en comisión.
  • Posibilidade de creación de mesas técnicas cando sexan necesarias.
  • Recibirá información dos observatorios provinciais e dos creados nos centros educativos.
 
FUNCIÓNS
  • Avaliar a convivencia escolar.
  • Propoñer iniciativas de mellora do clima escolar á Administración educativa e realizar o seguimento e avaliación destas.
  • Informar e asesorar ás Administracións sobre aspectos normativos relacionados coa convivencia e a súa mellora.
  • Propoñer liñas de actuación na formación do profesorado.
  • Asesorar a toda a comunidade educativa.