letra
letras.f. 1. Signo do alfabeto que representa un son dos que se empregan na fala. A letra ‘o’ ten forma de círculo. O alfabeto galego ten vintecinco letras. SIN. grafema (culto). 2. Conxunto de palabras dunha composición destinada a ser cantada. Escribi-la letra dunha canción. 3. Forma ou estilo da escritura. Non entendo a túa letra. Letra gótica. // pl. 4. Área de coñecementos que se refire á literatura, á filosofía, á historia e ás linguas. Estudia unha carreira de letras. CF. ciencias. 5. Carta. Escríboche estas letras para comunicarche... s Letra (de cambio). Documento polo que unha persoa se compromete a pagar a outra certa cantidade de diñeiro. / Letra gótica. Letra con caracteres angulosos e adornada con puntas e ganchos, empregada en Europa a partir do século XII e hoxe en día case exclusivamente en rótulos. / Letra maiúscula. Letra de forma especial e máis grande cá normal, que se emprega ó iniciar un escrito, despois de punto, como inicial de nomes propios, etc. / Letra minúscula. Letra que se emprega normalmente, excepto nos casos en que se utiliza a maiúscula. / Letra morta.Expresión que se aplica cando aquilo que se di ou se escribe non ten valor ningún. As súas promesas quedaron en letra morta. / Letra redonda. Letra impresa de caracteres arredondados. / Ó pé da letra. Letra por letra, de maneira estricta, tal e como está expresado.
       Diccionario da Real Academia Galega
       Diccionario da Real Academia Galega. 1ª Ed. A Coruña: RAG, Novembro 1997