![]() |
![]() |
![]() |
|||||||||||||||||||||||||||||||||
![]() |
![]() |
||||||||||||||||||||||||||||||||||
político -a |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
político -aadx. 1. Relativo á política, como teoría ou como actividade. O pensamento político de Castelao. Unha actitude política coherente. Un partido político. 2. [Aplicado ós nomes de parentesco] que se establece polo matrimonio. O pai político (= sogro). A filla política (= nora). O fillo político (= xenro). O irmán político (= cuñado). 3. Que se dedica ós asuntos de goberno ou se interesa por eles. O home é un animal político. Tamén s. Un político de moito prestixio. // s.f. 4. Teoría, arte ou doutrina referente ó goberno dunha comunidade. Facer política. Tratado de política. 5. Conxunto de asuntos públicos dun estado e actividade de quen se dedica a eles ou de quen participa na vida pública. Dedicarse á política. Ocuparse da política. 6. Maneira de dirixir unha comunidade, de leva-los asuntos públicos. Unha política de pactos. Unha política de esquerdas. Unha política liberal. 7. Por ext., maneira de levar un asunto. Adoptou esa política e mantívose nela ata o final. Con esa política non vas conseguir nada. |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Diccionario da Real Academia Galega | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Diccionario da Real Academia Galega. 1ª Ed. A Coruña: RAG, Novembro 1997 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||