matriarcado/matriarquía
Organización social na que a muller representaba o papel máis importante, incluso para establece-la liña de parentesco na sucesión. Segundo distintos antropólogos, unha sociedade matriarcal, como tal, nunca existiu, pero si un matriarcado encuberto, é dicir, con total poder da muller, pero exercido no referente á imaxe, polo home. Para o antropólogo Bachofen, o matriarcado acabou coa promiscuidade de épocas anteriores, e representou o xurdimento da monogamia. Na actualidade, as sociedades son patriarcais, pero algúns sociólogos apuntan á posibilidade dun matriarcado potencial en Estados Unidos, debido ó papel primordial da muller no divorcio, en canto ó coidado e atención económica dos fillos.
       Diccionario de Pedagoxia
       Diccionario de Psicoloxía e Educación. Santiago de Compostela (1997)