ATENCIÓN!!
A celebración do ACTO FINAL do concurso celebrarase o día 20 de febreiro, ás 12:35 horas, no Pabellón do Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
Se tes algunha dúbida sobre o xogo cubre e envía o seguinte formulario
Que é isto?
Keco e as aventuras da ecopanda é un xogo educativo co que pretendemos contribuír a estimular a conciencia ambiental.
Rematou a fase de inscrición.
Non é posible inscribir novos equipos no concurso.
Patrocinado por
Benvidas e benvidos a unha nova edición.
Moitos de vos xa coñecedes a Keco, e participastes con él na primeira edición do xogo.
Foi unha dura competición onde todos os grupos demostraron as súas habilidades e coñecementos de reciclaxe, tentando ser a Ecopanda gañadora.
Nesta nova edición Keco e a F.L.R. teñen preparadas moitas sorpresas para vos.
PARTICIPA!!
Este ano temos máis premios para todos. Podedes gañar un
Ipod só por participar!
Os grupos correctamente rexistrados que superen a primeira fase do xogo entrarán automaticamente no
sorteo de
10 Ipod SHUFFLE (5 destinados a alumnos e 5 a profesores).
Apuntádevos!!
Nesta segunda edición do concurso crearanse dúas clasificacións (por idades), e outorgaranse premios, a:
- Cada un dos membros dos grupos gañadores ademais de para os seus profesores.
- Cada un dos membros do grupos finalistas non gañadores ademais de para os seus profesores.
- Os profesores e colexio co maior número de grupos inscritos e que superasen a primeira fase do xogo.
Dille a teu profesor/a que vos rexistre!!
COMO XOGAR?
A participación no novo concurso do xogo
"Keco e as aventuras da Ecopanda" será moi semellante á do ano pasado: teredes que formar grupos (ver
Bases), e poñervos un nome, tamén necesitades o consentimento dos vosos pais ou titores, polo que deberedes entregar un documento de participación asinado ao voso/a profesor/a, que será o encargado/a de dar de alta o voso grupo no sistema, e unha vez validado, teredes un nome de usuario e un contrasinal que vos dará acceso ao xogo a través desta web.
Nesta segunda edición cada fase estará asociada a un libro, que deberedes ler para poder contestar correctamente as preguntas que vos faremos. Ademais de superar as probas propostas, tamén tedes que conseguir a maior cantidade posible de puntos, para estar nos primeiros postos e conseguir ser os gañadores.
Estes son os premios:
- 1 Nintendo Wii + 2 mandos + Tarxeta Secure Digital Gaming, para cada un dos alumnos compoñentes dos grupos gañadores do XOGO.
- 1 Computador Portátil para os profesores dos grupos gañadores.
- 1 Nintendo Wii, para cada un dos alumnos compoñentes dos grupos finalistas.
- 1 Nintendo Wii + 2 mandos + Tarxeta Secure Digital Gaming, para os profesores dos grupos finalistas.
- 1 Apple iPod 30 GB para o profesor que presente o maior número de grupos dados de alta e que polo menos superen a primeira fase do XOGO.
- 1 Apple iPod Nano 4 GB para o profesor que presente o segundo maior número de grupos dados de alta e que polo menos superen a primeira fase do XOGO.
- 1 Apple iPod Suffle 1 GB para o profesor que presente o terceiro maior número de grupos dados de alta e que polo menos superen a primeira fase do XOGO.
- 1 Computador Portátil para o colexio que presente o maior número de grupos dados de alta e que polo menos superen a primeira fase do XOGO.