Choiva de estrelas. Observatorio astronómico de Cotobade

O nacemento da Asociación Sirio de Pontevedra fica vencellado ao ensino da astronomía nun Instituto da cidade, o Xunqueira I, e da man do profesor Severino Yáñez, durante os anos 80. Anos despois, as reformas educativas alonxaron esta iniciativa das aulas do instituto.

Mais as sementes prenderan e decontado un pequeno grupo de alumnos e alumnas, moitos xa na súa etapa universitaria, xunto ao seu antigo profesor estaban formando retomando a afición e, botando man dos antigos artellos, buscaban os mellares lugares para mirar ao ceo. Así nasceu a Asociación Sirio, no ano 1999.

Nos últimos anos, os membros da asociación tiveron un soño: Serían quen de construir un pequeno observatorio fixo? Quizais ese seu lugar preferido, o Chan da Poza, no monte Coirego, en Cotobade.

Hai un vello dito segundo o cal "o ser humano é un mendigo cando razoa, mais é un Deus cando soña."

... e os astrónomos afeccionados adoitan ter orzamentos de mendigo pero son ricos en soños.

 

Sección: