IV Xornadas GrOC

Data: 
Desde xoves, 19 de xaneiro de 2017 ata venres, 20 de xaneiro de 2017
Lugar: 
Barcelona

A Universitat de Barcelona volve ser a anfitrioa das IV xornadas GrOC que se celebrarán os días 19 e 20 de xaneiro de 2017.

GrOC (Gramática Orientada ás Competencias) é unha iniciativa que pretende reflexionar e facer propostas de traballo orientadas a mellorar a práctica na aula relacionada coas materias de lingua e o ensino de gramática en Secundaria. A finalidade das xornadas é que expertos de renome internacional expoñan a súa visión sobre como se pode mellorar o ensino da gramática nas aulas de secundaria e bacharelato, poñendo unha énfase especial nas relacións desta disciplina con outras como a bioloxía, as matemáticas, a antropoloxía ou a literatura.

Os destinatarios son profesores de secundaria e bacharelato, editores de libros de texto e, en definitiva, persoas vinculadas, dunha maneira ou outra, ao ensino da lingua. Así mesmo, as xornadas tamén queren atraer a docentes, investigadores e alumnos do ámbito universitario que teñan relación coa área de lingua, xa sexa desde a lingüística, a filoloxía, a pedagoxía ou o maxisterio.

A inscrición é obrigatoria e o número de prazas é limitado.

Programa

Máis información