Simposio da Sociedade Española de Lingüística

Data: 
Desde martes, 24 de xaneiro de 2017 ata venres, 27 de xaneiro de 2017
Lugar: 
Madrid

A Sociedade Española de Lingüística, entidade científica e non lucrativa que agrupa sen limitacións a estudiosos que traballan en todos os dominios da linguaxe e das linguas, celebra no Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC (Madrid), do 24 ao 27 de xaneiro de 2017, o seu XLVI simposio que reunirá especialistas nos diferentes campos relacionados coa linguaxe. Algúns dos temas que se tratarán serán:

  • Organización informativa do discurso
  • Perífrasis verbais e verbos auxiliares en español
  • A variación sintáctica dialectal: descrición e análise
  • Novas perspectivas en semántica léxica

Máis información