ConCiencia 2016

Programa de divulgación científica

O programa ConCiencia, da USC e o Consorcio de Santiago, na súa undécima edición, reciben a Cédric Villani, galardoado coa Medalla Fields 2010, (o equivalente ao Premio Nobel en matemática)  “polas súas demostracións do amortiguamento non lineal de Landau e a converxencia ao equilibrio da ecuación de Boltzmann".                      

Cédric Villani traballa nas ecuacións en derivadas parciais que aparecen na física estatística; concretamente na ecuación de Boltzmann que describe o comportamento estatístico dun sistema termodinámico fóra do equilibrio.

Villani é un científico aberto e comprometido coa sociedade. Dedica parte do seu tiempo á comunicación científica para diferentes públicos por todo o mundo. O título da conferencia que impartirá  no Auditorio ABANCA (Rúa Preguntoiro, 23 de Santiago de Compostela) o luns 3 de outubro ás 19:30 h. é  “De triángulos, gases, prezos e homes”.

A entrada é libre, ata completar aforo, con tradución simultánea.

Máis información

Palabras clave: