Educación Responsable

Programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade

Educación Responsable é un programa educativo que se desenvolve en colaboración coa Fundación Botín que, ademais de favorecer o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade, promove a comunicación e  a mellora a convivencia nos centros docentes a partir do traballo co profesorado, co alumnado e coas familias. Trátase dun proxecto dirixido ao alumnado con idades comprendidas entre 3 e 16 anos, centrado na aplicación didáctica, dentro das áreas curriculares, dunha serie de recursos de educación emocional, social e creativa.

Consta dunha proposta para tres cursos, co fin de que os centros e o seu profesorado incorporen o programa e pasen a formar parte da rede de Centros Educación Responsable, recibindo formación, recursos educativos e seguimento por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Fundación Botín.

A área de educación da Fundación Botín creou o programa co obxecto de contribuír á formación integral do alumnado de todas as etapas educativas. Actualmente está implantado en 183 centros de Cantabria, Madrid, A Rioxa, Navarra, Murcia e Castela-León. En Galicia foi implantado como experiencia piloto nos cursos 2014/15 e 2015/16 en 14 centros educativos.

O prazo de presentación de solicitudes remata o dia 3 de xuño de 2016. Para máis información remitirse ao Centro de Formación e Recursos que corresponda.

Acceso á convocatoria

 

Palabras clave: