XVII Concurso Hispanoamericano de Ortografía

Curso 2016/17

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, consciente da relevancia da vertente escrita da lingua, a ortografía, como base dunha correcta escritura, considerou necesario potenciar o seu estudo e coñecemento, promovendo esta iniciativa en colaboración coas comunidades autónomas e os centros docentes. Por todo iso convocou o XVII Concurso Hispanoamericano de Ortografía para o curso 2016/17, co obxecto de fomentar o uso correcto da lingua castelá.

Os destinatarios son os alumnos e alumnas matriculados durante o curso 2016/17 no segundo curso de Bacharelato. O concurso desenvolverase en tres fases sucesivas:

  • Primeira fase: centro docente.
  • Segunda fase: Comunidade Autónoma de Galicia. O/A gañador/a desta fase participará na fase nacional.
  • Terceira fase: estatal.

Data límite de inscrición do centro educativo na primeira fase: 3 de novembro de 2016.
Data límite de inscrición do alumnado seleccionado para participar na segunda fase: 10 de novembro de 2016.

Resolución do MECD

Toda a información