Premios a proxectos de innovación na FP

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Valoraranse, en especial, proxectos que fomenten a colaboración do profesorado e do alumnado dos centros educativos de   formación profesional con empresas e institucións do seu contorno e con outros centros educativos, e que favorezan o emprendemento e a aparición de novas iniciativas empresariais.

O prazo de solicitudes remata o día 31 de xaneiro de 2017.

Resolución

Anexos

Máis información