Contidos orientados á prensa

Recursos

  • ACTUALIDADE DO PROXECTO 24/04/2013

    Abalar: O Proxecto Silandeira/Silandeira Project xa está dispoñible no repositorio do espazoAbalar

    Os docentes Mónica Obelleiro Pérez e Iván Prieto Lage crearon, durante unha licenza de formación no curso 2011/2012, quince unidades bilingües en galego e inglés: o Proxecto Silandeira/Silandeira Project.

    Este material está destinado ao alumnado de 5º curso de educación primaria que curse a área de coñecemento do medio, en lingua galega ou en inglés, na Comunidade autónoma de Galicia.

  • ACTUALIDADE DO PROXECTO 15/10/2012

    Abalar: O Proxecto Abalar dispón dunha nova ferramenta para a comunidade educativa

    Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2012. Continuando co desenvolvemento e mellora das ferramentas a disposición da comunidade educativa dentro do Proxecto Abalar, desde este mes de outubro, está dispoñible unha ISO da Maqueta Abalar 2.0, que funciona en modo Live, é dicir, sen ter que facer unha instalación no disco duro do equipo.

  • NOVA DE ACTUALIDADE 06/06/2012

    Xunta de Galicia: O Proxecto Abalar, impulsado pola Consellería de Cultura e Educación implicará o vindeiro curso a máis de 44.000 alumnos

    O conselleiro adiantou hoxe que a rede de centros Abalar incrementarase en 165 centros no 2012/2013 chegando a 535 colexios e institutos, o que significa o 50% dos centros educativos galegos con educación primaria e secundaria obrigatoria

    O espazoAbalar acumula máis de 650.000 visitas e máis de medio millón de descargas desde o Repositorio de Contidos Dixitais

  • ACTUALIDADE DO PROXECTO 29/05/2012

    Abalar: Nova actualización do repositorio de contidos do espazoAbalar

    O repositorio do espazoAbalar segue ampliando a súa oferta cunha selección de 47 novos contidos educativos en formato dixital, procedentes de materiais migrados do anterior portal de contidos e, especialmente, de docentes que comparten as súas producións seguindo o procedemento aberto dentro do espazoAbalar. Desta forma, fan que este repositorio medre mes a mes e responda aos intereses e necesidades de toda a comunidade educativa.