ACTUALIDADE DO PROXECTO
20/06/2012
O repositorio de contidos do espazoAbalar segue ampliando a súa oferta cunha selección de novos recursos educativos en formato dixital.
Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 1.095 contidos procedentes de materiais creados en actividades formativas nos centros (SP, GT, PFAC), polos participantes no curso a distancia "LIM e proxecto Xogamos?” e, sobre todo, das aportacións de docentes de toda Galicia que, mediante o procedemento aberto de cesión de materiais, fan que este repositorio aumente progresivamente e responda aos intereses e necesidades de toda a comunidade educativa.
Esta será a última actualización do repositorio neste curso 2011/2012. A partir de setembro seguiranse incorporando novos recursos para educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos en varios idiomas.
Os novos recursos publicados por orde alfabética son os seguintes:
Finalmente, aquelas persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais do espazoAbalar, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.