Xunta de Galicia: O Congreso Formación e competencias na nova sociedade dedica unha xornada ás Tecnoloxías da información e da comunicación
Coincidindo co
a Mostra do Ensino Galicia 2012, que se celebrará no recinto de ExpoCoruña entre os días 11 e 14 de abril, terá lugar o Congreso Formación e competencias na nova sociedade, dirixido ao profesorado e aos profesionais do ámbito empresarial, no que se abordarán os novos retos e as innovacións nas áreas de Formación Profesional, das Tecnoloxías da Información e da Comunicación, de Idiomas, e da Diversidade e familia.
Neste sentido, o xoves 12 de abril, o Congreso dedicará unha xornada ás Tecnoloxías da información e da comunicación coa seguinte programación:
09:00-10:00 Recepción e entrega de documentación
10:00-11:00 Conferencia
“Motivación, TIC e xestión do cambio”.
Miguel Ángel Prats i Fernández, profesor de tecnoloxía educativa na Universidade Ramón Llul.
11:00-11:20 Pausa
11:20-12:10 Conferencia
“Redes sociais na educación”.
Dolors Reig Hernández, profesora do posgrao de Redes sociais da UOC.
12:10-12:30 Presentación de “Redeiras”
Rede social da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Juan A. Menéndez Rocha e Alejandro González Quintana, asesores Abalar.
12:30-14:00 Mesa redonda
“Integración das TIC na práctica educativa”.
Xavier Gisbert da Cruz, director xeral de Evaluación e Cooperación Territorial (Ministerio de Educación, Cultura e Deporte).
Manuel Magdaleno Peña, director xeral de Política Educativa e Educación Permanente (Aragón).
Mª Pilar González García, directora xeral de Innovación e Formación do Profesorado (Castela e León).
César Díez Solís, Secretario xeral de Educación (Extremadura).
José Luis Mira, director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa (Galicia).
16.00-19.00 Obradoiros
• Ferramentas de creación de contidos.
• Proxectos colaborativos.
• Software libre no ensino.
• As TIC e as necesidades educativas especiais.
• Obradoiros - Empresas TIC:
• Escenarios de ensinanza e aprendizaxe na aula Abalar.
• TIC e contidos dixitais: cara un cambio manexable.
• Unha clase con libros de texto dixitais.
• Entretemento educativo: a chave da motivación do estudante.
O profesorado de centros sostidos con fondos públicos, interesado en participar nesta actividade formativa deberá formalizar a súa inscrición antes do 8 de abril a través da aplicación FPROFE.
Máis información na web do Congreso.

















