Abalar: Procedemento para dar a coñecer a través do espazoAbalar as experiencias sobre o uso das TIC na educación
As persoas interesadas en compartir cos demais usuarios do espazoAbalar, a súa experiencia coa utilización das TIC nas aulas, pode cumprimentar o formulario de participación que se encontra dentro do apartado de Experiencias Aula 2.0
Con esta iniciativa preténdese fomentar que os usuarios compartan as súas experiencias positivas co uso das TIC nas aulas co resto da comunidade educativa.
A continuación detállase o procedemento a seguir polas persoas interesadas en participar nesta iniciativa:
- As persoas que queiran compartir a súa experiencia no espazoAbalar sobre o uso das TIC na práctica educativa deberán cumprimentar o formulario que está dispoñible na sección de Experiencias. Aula 2.0 do portal (http://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/espazo/experiencias/formulario-de-participacion).
- Se fose necesario, o encargado de validar o contido da experiencia, contactará co emisor da mesma para aclarar as dúbidas xurdidas e obter a versión definitiva para a súa publicación no espazoAbalar.
- Desde a Oficina Técnica do espazoAbalar, informarase ao interesado da data de publicación da súa experiencia no portal e tamén no momento no que a experiencia estea dispoñible para todos os usuarios no espazoAbalar.

















