Novas da Rede

A Formación Profesional galega participa no Salimat Abanca 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa no 22º Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca 2018, que se celebra entre o 7 e o 10 de xuño no Salón Internacional de Galicia en Silleda.

Actividades dos centros galegos de FP no Salimat Abanca 2018

Varios centros galegos das familias de Hostalaría e Turismo e Industrias Alimentarias realizarán actividades demostrativas e ofrecerán degustacións de produtos onde se mostren servizos e produtos innovadores que se están a realizar nos centros educativos de Formación Profesional de Galicia.

Como apoio ao persoal da Consellería e aos distintos centros participantes no Salimat 2018, contarase coa colaboración do alumnado do ciclo formativo básico de Servizos comerciais e do ciclo superior de Xestión de vendas e espazos comerciais do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro de Silleda.

Día Centro Actividade
Xoves 7 CIFP Carlos Oroza (Pontevedra) Ofrecerán a través do proxecto PonteVan as seguintes ás persoas visitantes: bocadiño “Mareiro”, bocadiño “Corral”, salsa de allo asado, salsa picante “Espelette” e bebidas (viño galego, e zume de froita.
Venres 8 CIFP Paseo das Pontes (A Coruña)

Elaboracións básicas de marroquinaría de 11:00 a 11:30 e de 11:30 a 12:00 horas.

Pregado artístico de toallas e panos de mesa de 12:00 a 12:30 e de 12:30 a 13:00 horas.

IES Fraga do Eume (Pontedeume) Obradoiros de elaboración cervexa artesá a partir das 16:00 horas, en sesións de 45 minutos.
Sábado 9 IES Lagoa de Antela (Xinzo de Limia)

Cata comentada de queixos peculiares de Galicia ás 11:00 horas e ás 16:30 horas.

Charla sobre as propiedades gastronómicas e nutricionais das estrugas ás 13:00 horas e ás 18:00 horas.

Domingo 10 IES de Vilamarín Showcooking “Túnel dos sentidos” de 10:30 a 11:15, de 16:30 a 17:15 e de 19:00 a 19:45 horas.
IES de Sabón (Arteixo)

Showcooking “Aperitivos salgados gourmet para eventos”, de 11:45 a 12:30 e de 17:45 a 18:30 horas.

Showcooking “Sobremesas miniatura gourmet para eventos”, de 13:00 a 13:45 horas.

- Máis información

Salimat 2018
Salimat 2018
Salimat 2018
Salimat 2018
Salimat 2018