5º Foro da comunicación de Galicia

O vindeiro 11 de novembro terá lugar no recinto de Expourense o 5º Foro da comunicación de Galicia. Xunto co programa de conferencias e debates, existirá unha área expositiva onde estarán representados os sectores da publicidade, colexios oficiais, asociacións de prensa e periodistas, academias de audiovisuais, clústers, medios de comunicación, axencias consultoras de comunicación, community managers e universidades galegas.

Pódese consultar o programa completo e ampliar a información na web www.expourense.org.

A asistencia é de balde previa inscrición na web da organización do evento.