Asociacións estratéxicas de Formación Profesional

O programa Erasmus + axuda ás institucións de Formación Profesional a crear Asociacións Estratéxicas con outras organizacións e empresas e a establecer así relacións sólidas co mundo laboral. En xeral, contribuirá a mellorar as posibilidades de emprego e as habilidades persoais e, deste xeito, a potenciar a competitividade da economía europea. As Asociacións Estratéxicas teñen como obxecto apoiar o desenvolvemento, a transferencia ou a implementación de prácticas innovadoras e a execución de iniciativas conxuntas de fomento da cooperación, a aprendizaxe entre iguais e o intercambio de experiencias a escala europea.

Dependendo dos obxectivos e da composición  da  Asociación Estratéxica os proxectos poden ser de dúas clases:

  • Asociacións Estrátexicas  de apoio á innovación.
  • Asociacións Estratéxicas de apoio ao intercambio de boas prácticas.

- Máis información

Etiquetas: