www.edu.xunta.es
VOLTAR Ó PORTAL DA XUNTA VOLTAR Ó PORTAL DA XUNTA VOLTAR Ó PORTAL EDUCATIVO
Información dos ciclos formativos de formación profesional    

Axudas FCT

Solicitude de axudas ao alumnado para a realización do módulo da formación en centros de traballo, FCT, ano 2008
Que é?
É unha axuda económica para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo (FCT).

Destinatarios

Alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo correspondentes aos estudos de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional específica, módulos profesionais experimentais e artes plásticas e deseño.

Requisitos para solicitar a axuda
Poderá solicitar a axuda o alumnado matriculado en centros públicos desta comunidade, e no caso dos centros privados, o alumnado matriculado en ensinanzas concertadas coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que estea cursando o último curso de:
- Ciclo formativo de grao medio ou superior de formación profesional específica.
- Ciclo formativo de grao medio ou superior de artes plástica e deseño.
- Un módulo profesional experimental de nivel II.
Non poderá ter a condición de beneficiario das axudas previstas nesta orde o alumnado que incurra nalgunha das circunstancias previstas no artigo 10.2º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Documentación a presentar polo alumnado
- Solicitud normalizada segundo a orde de convocatoria.
- Copia do DNI.
- Certificación expedida pola entidade bancaria, en que consten os datos da entidade e o código da conta en que o beneficiario desexa que se lle pague. O beneficiario debe figurar necesariamente entre os titulares da conta.

- Declaración xurada complementaria presentarase só no caso de que cando se solicite a axuda non se teña rematada a FCT.

Prazo de presentación de solicitudes
Do 14 de outubro ao 14 de novembro de 2008

Solicitude de axudas
    - Formulario de solicitude

Contía da axuda

O cálculo da contía para cada alumno estará en función do número de xornadas formativas que lle corresponda realizar, multiplicado polo importe de 5 € por xornada.
O alumnado que participe en estadías en empresas de ámbito transnacional e se acolla ás axudas da orde de convocatoria correspondente e realice parcialmente a FCT fóra do territorio español só terán dereito a axuda polas xornadas que realicen no territorio español.


Normativa relacionada
    - Orde de convocatoria de axudas