Proxecto Mobile Learning in VET towards 2020 (MOLVET)

O fundamento deste proxecto é a aprendizaxe electrónica móbil, en inglés M-learning, a unha metodoloxía de ensino e aprendizaxe valéndose do uso de pequenos dispositivos móbiles, tales por exemplo: teléfonos móbiles, PDA, tabletas, PocketPC, iPod e todo dispositivo de man que teña algunha forma de conectividade inalámbrica. Con isto preténdese axudar a reducir o fracaso escolar contribuíndo ao desenvolvemento das denominadas habilidades do século XXI como a alfabetización TIC, colaboración, comunicación, creatividade, resolución de problemas e, en última instancia, apoiar a modernización dos sistemas de educación e formación.

A asociación está formada por sete socios dos seguintes países: Italia, Francia, Reino Unido, Turquía e España. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional é socio deste proxecto que coordina unha institución italiana.