Aberto o prazo de presentación de solicitudes para acceder a FP dual. Convocatoria 2017

Hoxe, 22 de xuño de 2017, comeza o prazo de presentación de solicitudes para participar en proxectos de formación profesional dual, segundo indica a Orde do 13 de xuño de 2017 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades.

Nas seguintes ligazóns pode consultar a oferta, que por primeira vez inclúe titulacións dobres.

O prazo de presentación de solicitudes rematará ás 13.00 horas do día 30 de xuño de 2017.

Na seguinte ligazón pode atopar toda a información sobre a convocatoria, como os requisitos das persoas solicitantes e a documentación a entregar:

Etiquetas: